lunes, 13 de febrero de 2017

PERFORMANCES POLA IGUALDADE. CONTRATO PROGRAMA 1º BACHARELATO.

O alumnado de 1º Bacharelato tamén puxo o seu graniño de area ao proxecto de centro relacionado coa Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Foi un graniño interdisciplinar que realizamos como actividade grupal de titoría e como actividade de educación física. Foi todo un pracer traballar desde o Departamento de Orientación con Dina, a nosa profe de educación física.   

O noso obxectivo final consistía en irrumpir nun xoves de mercado do mes de marzo con varias performances nas rúas do Concello. Todas as performances tiveron como tema principal o empoderamento da muller e a necesidade de igualdade real entre homes e mulleres. 

A primeira sesión a dedicamos a coñecer algo máis sobre o empoderamento da muller e as performances. Esta sesión a desenvolvimos na aula coa seguinte presentación que tamén incluía exemplos de performances que podían inspirar a creatividade dos grupos.





A continuación, adicamos 2-3 sesións máis a deseñar as performances e ensaialas. O 08 de marzo tamén fixemos unha pequena mostra no centro, foi o noso prestreo ;).Deixámosvos as seguintes imaxes destes momentos:








O Departamento de Orientación convertiuse neste proceso creativo nun almacén de esceneografía, cheo de caixas, tutús, varitas máxicas, disfraces, carteis e pancartas...vamos nun espazo vivo, creativo e adaptado ás necesidades das actividades que desde alí se coordinan.       


Como todos os artistas, tivemos que adaptarnos aos imprevistos e tivemos que pospoñer a saída por unha treboada que deu entrada xusto cando iamos saír a mostrar as nosas creacións...pero como sempre escampa e somos pacientes, esperamos a que o tempo estivese do noso lado e por fin, saímos a rúa! Serafín, o nos dire, que nos acompañou xunto con Vero, Fran e David, tamén irrumpiu no mercado e mesmo creou debate entre os/as clientes e os/as praceiros/as. Neste video temos un resumo da representación das performances, botade unha ollada! 






Rematamos esta crónica coa secuencia didáctica:


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario