jueves, 1 de febrero de 2018

DESEÑA A CONVIVENCIA E A PAZ (1º ESO)

                                                   Resultado de imagen de convivencia

O curso pasado o alumnado de 2º ESO deseñou unhas chapas e uns imáns ben chulos, vos acordades dos que vos demos na xornada de acollida?. Este ano temos novo reto. Imos a deseñar os seguintes produtos:
Espejos personalizadosLibretas - Camaloon


Pegatinas para coche con formas estándar - Camaloon



Esta actividade é unha tarefa de grande responsabilidade e este ano tócavos a vós, o alumnado de 1º ESO. Os produtos deseñados serán o voso agasallo para todos os compañeiros e compañeiras do centro, o profesorado, persoal non docente e para as persoas que traballan no Concello!!.

COMO O FACEMOS
Formaremos grupos de 4 alumnos (o titor/a pode decidir outro número). Cada grupo fai o número de deseños e tipo que indica o titor/a. Para elo, teredes que ir aos enlaces que vos indiquei anteriormente e crear logos coas imaxes predefinidas que vos facilita a web á que debedes incluír unha frase breve e impactante. A frase debe relacionarse con algún aspecto relacionado coa convivencia e a cultura de paz: halagos, mediación, habilidades sociais, comportamentos que gustan,etc. Para buscar ideas e palabras podedes facer a técnica da "bomba" e ir apuntando no encerado as ideas que vos xurdan. É moi importante que se cumpra o seguinte:
  • a frase debe ser:
  1. breve
  2. clara
  3. creativa
  4. promover a convivencia: debe ser positiva e invitar a levarnos ben 
  5. nun só cor (no caso das libretas)  
  • A imaxe non debe estar moi cargada de detalles
Iremos axudándovos a crear a imaxe e a frase, e a empregar a web que vos permitirá crear os deseños. 

O deseño debe levar o visto bo do titor/a e a orientadora. Cando teñades o visto bo, debedes facer unha captura da imaxe e enviala á orientadora: piensosientosoy@gmail.com para que poida xestionar o pedido.

Cando as teñamos preparadas, montaremos postos no recreo para repartir as vosas creacións por  todo o centro.





      

No hay comentarios:

Publicar un comentario