viernes, 26 de septiembre de 2014

PAUTAS PARA O ALUMNADO CON TDA




                                 


O TDA é un tipo do Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH)  no que predomina a falta de atención.

Xunto co tratamento farmacolóxico é preciso a intervención psicopedagóxica. Entre as actuacións que debemos levar a cabo na aula, unha das máis importantes é a de realizar adaptacións metodolóxicas. Imos ver que tipo de adaptacións debemos realizar: 
 Posición  na  aula
·           Ubicar en primeira ou segunda filas, alonxados/as de portas, fiestras e elementos distractores.
·           Posicionar preto de alumnado disciplinado e ordenado
·           Cando se traballe en grupo, formar grupos de non máis de 3 alumnos/as

Desenvolvemento das clases. Actividades, tempos...
·    Revisar con frecuencia a súa axenda para comprobar que anota as tarefas. Facer orientacións e anotacións na axenda sempre que sexa necesario. 
·        Por na cortiza da aula un calendario de exames e tarefas. Pode encargarse esta tarefa ao delegado/a  ou a un alumno/a responsable. 
·      Preguntar con frecuencia pero non poñelos/as  en evidencia cando pensemos que non saben facer a tarefa correctamente. Adoitan ter problemas de autoestima.
·      Revisar as libretas  con moita frecuencia e por indicacións que poida ler a familia.As anotacións deben ser tanto positivas como de mellora.
·        Adaptar as actividades de maneira que inclúan instrucións  sinxelas e curtas ( frases curtas, claras e con estruturas sintácticas sinxelas). Asegurarnos que estas instrucións son comprendidas, se non é así facer unha aclaración verbal.
·     Resaltar, nas actividades e textos, as palabras claves con negriña, maiúsculas ou con cores. Pedirlles tamén a eles/as que se acostumen a facelo.
·      Realizar instrucións orais e apoialas con apoios visuais que faciliten a súa comprensión. En ocasións, lembran mellor unha imaxe que unha frase.
·        Fragmentar as tarefas longas. Revisar que vai realizando ben cada parte. 
·        Cando se piden tarefas para o grupo, dar pautas concretas, claras, curtas tamén en grupo
·     Propor actividades que precisen tempos curtos de atención ou cambiar o tipo de actividades para manter a atención.
·        Pedirlles menos tarefas. As imprescindibles para levar a materia ao día  

 Exames
·    Comezar os exames con aclaracións breves para todo o grupo. Explicamos o que pedimos e a continuación preguntamos se teñen dúbidas.
·         Dar máis peso ao traballo do trimestre que a un exame puntual. Teñen días bos e malos, se fan o exame nun día malo, o resultado non reflectirá o que saben. 
·         Se o resultado do exame é malo, pedirlles verbalmente que aclaren as respostas
·         Os exames deben ser redactados con frases sinxelas e breves
·         As preguntas deben incluír poucos pasos
·    Adaptar  os tempos dos exames, deben ser curtos. Non funciona darlles máis tempo (se perden a atención, non imos a darlles máis tempo para perdela)
·       Incluír ou combinar preguntas tipo test, de unir con frechas, etc coas típicas preguntas que permitan avaliar resolvendo as dificultades verbais que adoitan ter.
·    Teñen problemas de memoria, obviar os datos memorísticos. Facilitarlle probas para que poidamos avaliar procesos. P.EX. Se saben facer operacións combinadas pero olvidan a tabla, facilitarlla. A idea é que o que non saben non impida comprobar o que saben.
·      Na avaliación das lecturas, pedirlle resumo por capítulos.As propostas de libros deben ser adaptadas.
·      Pedirlles que resuma os temas ou preguntas e os grave en audio na casa (pedir conformidade á familia).   
 Recursos
·    Empregar na aula máis recursos e materiais audiovisuais. Podemos pedirlle un pen para gravar presentacións ou videos, documentais...que lle poden axudar a estudar. Especialmente importante cando hai dificultades verbais.

Outros aspectos
·        Manter unha estrutura predecible na aula. P.ex. comezar cunha pequena introdución, explicar o que imos a facer, proposta de actividades, recordatorio de tarefas para casa....
.
 ·       Empregar estratexias para manter a atención como: tocarlle o ombreiro, miralo, dicir o seu nome, dar toques co boli na súa mesa. Sempre que se poida o faremos sen dicir constantemente o seu nome nin facer evidente no grupo que as chamadas son para el/ela.


 Ligazóns con máis información
  • Uso axenda:


jueves, 25 de septiembre de 2014

Normas y aulas para convivir

Os propongo una manera diferente de exponer en clase las normas para una buena convivencia. Qué tal si hacemos marcos con cajas y los colgamos todos juntos con normas que a todos y todas nos gustaría que se respetasen en clase??

Apetece verdad? Bien pues ahora habrá que ponerse a la faena y organizarnos. Primero nos organizaremos en grupos de 4 alumnos/as y cada grupo hará un par de cajas con lemas simpáticos y vistosos sobre las normas de la clase. Luego los juntaremos y haremos un supercuadro como el de la imagen (estos son más infantiles pero vosotros lo podéis adaptar a vuestra edad utilizando los papeles y los adornos que se os ocurran).


Las normas pueden relacionarse con:
  • Maneras de dirigirnos a los demás
Pídemelo con un "por favor" y te regalo un "gracias"
  • Relación con los compañeros. 
"La sonrisa es contagiosa, contágiame con tu alegría".
Si me das tu mano, nunca me sentiré solo/a
Tú puedes, yo te ayudo!!
Yo mimo a mis compañeros y compañeras, ellos/as me miman a mí
  • Uso de móvil. 
WAPo/a el que wasapea fuera!!
  • Cuidado del material y de la clase
Al final del día sienta a las sillas
  • Participación en el centro y en el aula
No seas koala y dale ritmo a tu aula
  • ...

Esto son ejemplos de frases relacionadas con la convivencia. Podéis crear las que se os ocurran.

Materiales: tapas de cajas de diferentes tamaños (mejor de zapatos), papeles, adornos, pinzas, rotuladores.

Enlace con instruccioneshttp://blog.smallishmeme.com/2014/09/16/diy-como-usar-cajas-como-marcos/