domingo, 31 de mayo de 2015

PRESENTACIÓN 4º ESO

Aquí tendes unha presentación que vos axudará a escoller modalidade e materias de 1º Bacharelato LOMCE.

Xa que a Consellería non publicou o Decreto da ESO e unicamente temos un borrador, todavía pode haber cambios. En canto se publique o decreto definitivo, subo a presentación modificada se hai novidades, ok?.



CADERNIÑO DE ORIENTACIÓN 3º ESO

Aquí tendes un material que vos será de utilidade para decidir as materias para o próximo curso.

 Xa que estamos pendentes de que a Consellería publique o Decreto definitivo da ESO e Bacharelato LOMCE tiven que incluírvos a información do Borrador de Decreto. En canto sexa definitivo, publico novidades se as hai.




lunes, 25 de mayo de 2015

FALAMOS SOBRE O ACOSO ESCOLAR?

Nesta ocasión non vou ser eu que vos fale de acoso escolar, temos un material estupendo que un grupiño de compañeiros e compañeiras de 1º ESO realizaron para todos vós.

Pero antes de empezar imos a ver que sabedes de acoso antes de que os compañeiros/as vos expliquen algo máis, parécevos?Ben, pois entón empezamos co TEST de Sergio, aí vai!





Ben, agora imos a continuar cun VIDEO creado por Javier que nos explica o que é acoso e o que non, que tipo de acoso sería, o que podemos facer,etc.



Acoso escolar by AE2015 on GoAnimate

E se sofres acoso saberías que facer? Que tal se o vemos no COMIC que fixo Marcos:

 Parte 1:
Parte 2:

Logo de toda esta información resolveremos os seguintes SUPOSTOS sobre ciberacoso para comprobar o aprendido grazas a Ana.