martes, 23 de mayo de 2017

OPERACIÓN "FUTURO" 3º ESO

Se queres revisar o presentado hoxe na xornada de información e orientación coas familias ou o que xa fun explicando na aula, aquí está a presentación Operación "Futuro".

Lembra que tes a información máis completiña no Caderniño que podes encontrar no blog no apartado "Presentacións e Caderniños" da columna da dereita. E para todas as dúbidas aquí estou, pásate por el Orichiringuito ;)


  

domingo, 21 de mayo de 2017

OrientaMugardos 17: Caderniño Orientación Académico Profesional. 3º ESO

Unha meta é un faro. Quen ten unha meta non é alcanzado pola noite da indecisión (Andrew Corrent).

Déixoche o caderniño en versión online que hoxe presentei nas aulas. Espero que che axude e que veñas  a resolver todas as dúbidas, espéroche!

  

jueves, 18 de mayo de 2017

CADERNIÑO INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL 4º ESO

Non chega antes quen vai máis rápido, senón quen sabe a donde vai.

Para axudarvos a saber a donde ides e como escoller o mellor itinerario, tendes a vosa disposición este caderniño. Para as dúbidas, as inquedanzas, os apoios na toma de decisión espérovos no sitio de sempre ;)


martes, 16 de mayo de 2017

OPERACIÓN "FUTURO" DE 4º A 1º BACH...e máis alá!

Déixovos a presentación de hoxe para as familias do alumnado de 4º ESO  e 1º Bacharelato.
Lembrade que a información está ampliada nos caderniños de Información e Orientación Académico Profesional que tamén están colgados no blog.  

Se tendes dúbidas, estou á vosa disposición.




lunes, 15 de mayo de 2017

OrientaMugardos 17: Caderniño Orientación Profesional. 1º Bacharelato

Aquí tes o caderniño versión dixital que presentarei e entregarei en papel nas aulas. Acércate ao Departamento para resolver as dúbidas que che xurdan ok ;)?



jueves, 11 de mayo de 2017

QUERO ESTUDAR UN GRAO FORA DE GALICIA


Resultado de imagen de universidades


Comparto con vós estes enlaces para resolver as dúbidas do alumnado que está pensando en emprender o vo un pouquichiño máis lonxe. Se queredes coñecer o acceso e procedemento de solicitude de prazas noutras universidades españolas, os enlaces de "Educaweb" e "La web del estudiante" seránvos de utilidade. En este último enlace explican moi ben que é o Distrito único (distrito no que se enmarcan todas as universidades dunha Comunidade Autónoma) e como facer a solicitude por Distritos.