S
e eu che digo "igualdade de xénero" ou "violencia de xénero", cantas imaxes che veñen á cabeza? Seguro que incluso máis ca palabras.
Nesta ocasión
propóñovos que pensedes en imaxes e elaboredes un foto-mosaico. O noso mosaico amosará
unha imaxe grande que vista de cerca estará formada de centos de imaxes pequenas.
Podedes
xogar con contrastes e amosar unha realidade nunha imaxe e, o seu contrario en imaxes pequenas, por exemplo:
- podedes escoller unha imaxe de "muller, sexo débil"e moitas fotos pequenas que demostran o contrario
- escoller un home científico en grande e, moitas mulleres científicas en pequeno
ou
, podedes resaltar unha idea incluindo na imaxe grande, imaxes pequenas relacionadas co concepto que queredes destacar (igualdade ou violencia de xénero), por exemplo:
-imaxe grande dunha superheroína ficticia que inclúa imaxes pequenas de superheroínas reais
-imaxe grande de violencia de xénero no noviazgo que inclúa imaxes pequenas que definen a relación tóxica e de violencia (mírame o móbil, pídeme contrasinais, ïbdime como vestir, aíllame, etc).
Podedes partir de conceptos relacionados coa igualdade de xénero e a violencia de xénero como:
-teito de cristal
-mulleres relevantes: na ciencia, no deporte, na literatura, etc
-mulleres que cambiaron o mundo
-o amor non doe
-etc
Os vosos mosaicos serán expostos ou o día 25 de novembro e/ou o 08 de marzo. Formarán parte dunha
exposición pública que organizaremos no centro e no Concello, nela poredes á venda os vosos mosaicos. Os
fondos recaudados serán destinados a unha causa solidaria escollida polo alumnado do centro.
Tendes que ir gardando as imaxes fora da aplicación nunha carpeta.
Esta proposta debe ser grupal polo que debedes
agruparvos 3 alumnos/as, escoller unha idea, expoñela ao grupo grande para non repetila e buscar información e imaxes que representen a vosa proposta. Os mosaicos deben ser feitos coa seguinte aplicación:
www.easymoza.com
Cando rematedes,
enviade as vosas propostas á titora/titor e máis ao correo piensosientosoy@gmail.com. Nós encargámonos de imprimilas.