martes, 13 de enero de 2026
TODO O MUNDO PRECISA INCLUSIÓN, RESPECTO E COMPRENSIÓN
jueves, 13 de noviembre de 2025
QUERÉMONOS BEN!
Chega o 25 N, ogallá non fose necesario... pero toca seguir lembrando que debemos querernos ben, e que rapazas e rapaces tendes os mesmos dereitos.
Construír un mundo máis xusto e igualitario é unha razón poderosa para adicar algunha sesión a este obxectivo.
Este ano terás a posibilidade de escoller probas de amor para querernos ben, para respectarnos, para ternos en conta. Tres probas superadas, tres insignias abrirán a porta dun xogo mixto na seguinte titoría. Imos aló, imos a querernos ben!
domingo, 12 de octubre de 2025
HISTORIAS DE MEDO (NIVEL CHAT GPT E NIVEL TOP CREATIVIDADE). ESO E FPB
Chega Samaín. E a vida nos lembra que sempre hai medos. Vemos algunha cousiña sobre os medos e logo creamos historias?
Para axudarte terás algunhas condicións intrigantes, un esqueleto (de historia), uns dados, un temporizador, e unha votación. Non tes todo o tempo do mundo, lembra activar o temporizador.
Déixovos por aquí un pequeno video coa proposta, pero para activar as ligazóns de axuda teredes que ir á versión PDF que atoparedes logo de cada vídeo.
lunes, 13 de enero de 2025
NUBE DAS BOAS PALABRAS OU MURAL DO BOLI VERDE
Esta é unha proposta para ganar a batalla ao famoso e temido boli vermello da corrección. O mural do boli verde, da nube das boas palabras, é o antídoto contra o mural das lamentacións e o vermello desmotivador.
Non sería unha mágoa perder todas as palabras bonitiñas que vos din na aula, e que ás veces escapan ben tristes entre os pupitres porque non se lles presta a atención necesaria? Habelas hainas, pero son as palabras de corrección as que adoitan estar máis presentes. Estas palabras e frases están pedindo a berros que se lles considere, que teñan presenza na aula. Pero precísanvos, precisan dos vosos bolis verdes e doutras cores amables para poder existir.
Dálle vida ás frases que din as cousas que fas ben. Cada vez que unha profe ou un profe che diga algo positivo e que che alegre o día, escribe a frase no mural. Longa vida ao boli verde esperanza que debuxa a vosa autoestima!
jueves, 15 de febrero de 2024
COMPRENDÉMONOS + E MELLOR: TDAH e S. TOURETTE
jueves, 20 de octubre de 2022
RAPAZADA QUE CAMBIA O MUNDO!
Como que a rapazada non é activa, non ten inquedanzas e non loita por un mundo mellor? Quen di iso, non coñece a Comando Igualdade.
Queres coñecer a este Comando? Gustaríache telo no noso centro? Pois vamos á acción. Preme no enlace, temos unha proposta para vós.