Esta é unha proposta para ganar a batalla ao famoso e temido boli vermello da corrección. O mural do boli verde, da nube das boas palabras, é o antídoto contra o mural das lamentacións e o vermello desmotivador.
Non sería unha mágoa perder todas as palabras bonitiñas que vos din na aula, e que ás veces escapan ben tristes entre os pupitres porque non se lles presta a atención necesaria? Habelas hainas, pero son as palabras de corrección as que adoitan estar máis presentes. Estas palabras e frases están pedindo a berros que se lles considere, que teñan presenza na aula. Pero precísanvos, precisan dos vosos bolis verdes e doutras cores amables para poder existir.
Dálle vida ás frases que din as cousas que fas ben. Cada vez que unha profe ou un profe che diga algo positivo e que che alegre o día, escribe a frase no mural. Longa vida ao boli verde esperanza que debuxa a vosa autoestima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario