martes, 9 de noviembre de 2021

ES VIOLENCIA

Si te anula, si te hace invisible, si te limita, si te hace sentir que no eres nada, ES VIOLENCIA!!

lunes, 8 de noviembre de 2021

VEO, VEO...QUE VES?

Hoxe imos facer un experimento para investigar como vemos os cores as mulleres e os homes. Antes imos ver unha curta que ten por nome Alike. A continuación a titora ou titor che vai preguntar de que cores ves algunhas das cousas que aparecen na curta. E logo imos a analizar as respostas, imos aló!

ESTUDAR COA MELLOR TÉCNICA!

Botamos unha ollada ao genially de Rebeca LLanedo, orientadora en Asturias. Grazas Rebeca!

domingo, 3 de octubre de 2021

O MANDO A DISTANCIA

Recrear ou modificar historias divertidas, de medo, curiosas, do día a día, e logo cambiar a velocidade da escena para botar unhas risas. 1,2,3, acción!
O MANDO A DISTANCIA de Piensosiento Soy

lunes, 27 de septiembre de 2021

SILUETAS!

E se decoramos a aula coas siluetas de todos e todas, e dentro de cada silueta escribimos piropos e halagos que fagan sorrír ao noso compañeiro ou compañeira. Neste canva podedes ver como facelo.
SILUETAS de Piensosiento Soy

martes, 21 de septiembre de 2021

miércoles, 15 de septiembre de 2021

XORNALISTAS. ENTREVISTA CON....

 É hora de comezar, de coñecerse e de pasar un bo rato! Propóñovos facer entrevistas especiais nos grupos donde empezades etapa ou ciclo (1º ESO, 1º FPB, 1º BACH), a ver que sae...


  

FÁLAME DE TI de Piensosiento Soy

miércoles, 14 de julio de 2021

FPB AGROXARDÍNERÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS

Para oír e ver de que vai a FP Básica e o noso ciclo. Un ciclo para xente que lle gusta o verde, o olor a natureza, as frores, as prantas, os xardíns e os cultivos ecolóxicos.
Folleto FPB AGROXARDINERÍA E FLORARÍA de Piensosiento Soy

domingo, 4 de julio de 2021

BENVIDA AO BACHARELATO NO IES MUGARDOS

Agora que estades en plena matriculación, pode ser bo momento para repasar a vosa nova etapa no IES e no bacharelato. Damos a benvida ao novo alumnado procedente de CPI As Miranda e CPR Loyola que se incorpora ao noso centro o próximo curso!

VOU AO IES!

Para repasar o que vos contamos na xornada de acollida ás familias e alumnado que o próximo curso iniciará a súa andaina na etapa e no IES.

lunes, 7 de junio de 2021

PASIÑO A PASIÑO. 2º BACH. Curso 20-21

Para que repasedes antes da ABAU e da inscrición en FP, Universidade e ensinanzas de réxime especial, déixovos a presentación de 2º Bacharelato tamén pro aquí.

martes, 1 de junio de 2021

UN PASO ADIANTE! 3º ESO (CURSO 20-21)

Estamos dacordo en que no académico sempre hai que dar un paso adiante? Pois para lembrar como dalo, esta presentación!

FINAL OU PRINCIPIO? 4º ESO CURSO 20-21

Para repasar información aquí vos queda a presentación que empregamos para falar de si empezamos ou rematamos.

O PRÓXIMO CURSO, + E MELLOR! 2º ESO, CURSO 20-21

 Para que poidades revisar o que vimos na titoría, aquí tendes esta presentación que espero vos axude.



domingo, 9 de mayo de 2021

FOTOGRAFIANDO A CONVIVENCIA (actualización)

Sabemos que vos gustan as fotos, os selfies e as propostas audiovisuais, por iso, imos a darlle unha visión diferente a isto de convivir. Imos a proporvos facer unha expo de fotos que representen a convivencia, que ademáis visualizaremos nos días da Paz e as edicións de Edusolidariedade á mugardesa dos seguintes cursos. 

Podedes facer máis dunha foto, de forma individual ou en grupo de dous ou tres (mantendo a distancia). As fotos podedes facelas na aula ou fóra da mesma coa axuda dun profesor/a.

Como o facemos? Como fotografiar un concepto abstracto? Imos a seguir uns PASOS que espero vos poidan axudar:

 1. Buscamos no diccionario o significado da palabra convivencia e apuntamos no encerado as palabras clave coas que se asocia. 

 2. Seguimos buscando palabras que poidamos asociar á convivencia. Esta vez incluímos emocións e sensacións, cores, xestos, e accións que se relacionan con este concepto. Sempre en positivo!.

3. Apoiándonos nas palabras e significados encontrados anteriormente, pensamos en escenas que poidamos representar e fotografiar. Para buscar ideas, podedes por exemplo: 
  •  escoller unha canción emblemática sobre a paz e crear unha escena que aa represente. 
  •  partir dunha situación vivida e real que fose significativa para vós (p.ex: unha situación que se arranxou dialogando, unha situación na que na que precisáchedes da axuda dos demáis ou a ofrecíchedes, etc). 
  • representar una obra pictórica que fale sobre a convivencia, a paz. 
  • representar unha peli que trate sobre a convivencia e a paz. 
  • representar unha situación relacionada co tema que se inclúa nun conto, unha lenda, un poema 
  • crear unha escena donde se resolve unha situación de acoso con axuda dos demáis. 
  • xestos, accións relacionados coa convivencia. 

 4. Cando teñades pensada a escena, tendes que fotografiala. Podedes empregar a vosa propia imaxe, sombras, obxectos, xoguetes, o que se vos ocorra. 

5. Finalmente escollede un nome e un título da foto e inclúede a autoría. Logo faremos a expo da CONVIVENCIA! 
Fotografiando a Convivencia de Piensosiento Soy

jueves, 22 de abril de 2021

PRESENTACIÓN FP BÁSICA 20-21: SEMENTES DE FUTURO

 Atención, mañá as nosas sementes irán polo vento buscando novas terras donde crecer e madurar, empeza a FCT pero antes un pouquiño de información e asesoramento, para vós esta presentación que xa vimos na aula e que seguiremos nas sesións quincenais.


  

SEMANA DAS PROFESIÓNS: CONVERSAS SOBRE O FUTURO

Deixamos tamén por aquí o programa da Semana das Profesións donde puidemos coñecer experiencias moi interesantes, de emprendemento, de mulleres de ciencia e deporte, de alumnado de titulacións novas, de cambios de itinerario, de profesións menos coñecidas. Esta semana permitiunos interesarnos aínda máis polo futuro e ilusionarnos polo novos camiños a descubrir.
 Moitísimas grazas a Edda, Mara, Marisa, Pilar, Diego e ás miñas compañeiras de departamento por apoiar e facer posible esta Semana das profesións en tempos tan compricados. E moitas, moitas grazas a todas as persoas do cartel que fixeron posible que os nosos rapaces/zas estean máis ilusionados/as e cunha visión máis alentadora do futuro., grazas de 💓
SEMANA DAS PROFESIÓNS: CONVERSAS SOBRE O FUTURO de Piensosiento Soy

martes, 20 de abril de 2021

A SEMENTE ERES TI! 1º ESO DÁ A BENVIDA A 6º

 Este ano escollemos a cor verde, a cor dos nosos montes e da esperanza para simbolizar a transición de etapa. A semente eres ti, polo que o alumnado de 1º ESO xunto co de FPB vai a preparar unha benvida moi especial. Imos aló!

ANFITRIÓNS de Piensosiento Soy

lunes, 15 de febrero de 2021

CANAL TELEGRAM PIENSOSIENTOSOY


En el nuevo canal de TELEGRAM 🔊📲de PIENSOSIENTOSOY🧠❤️😃 encontrarás información sobre convocatorias, pruebas de acceso, becas y ayudas, oferta educativa, residencias, normativa educativa, lo que viene, lo que va y mucho más. 

 Suscríbete para ser el más enterado/a del patio! 🧐

 Nota: Los canales de TELEGRAM son como tablones digitales, no se comparten teléfonos ni información. 

domingo, 7 de febrero de 2021

ESCAPE ROOM: TENGAMOS EL MUNDO EN PAZ!

 Tenéis una misión POSIBLE, salvar al mundo de una nueva guerra mundial. No dudamos de que vuestra imaginación os permitirá completar la misión.



lunes, 18 de enero de 2021

CÓDIGO LIKE


Esta es una misión para gente con ganas de recibir su merecido. 

Tienes 15 minutos para crear dos mensajes secretos. 

El primero lo dirijirás al compañero/a que decidas tú y el otro a un compañero escogido al azar. El tutor/a asignará un número a cada alumno/a y sorteará quién será el segundo agraciado/a. 

El mensaje tiene que ser una bomba de autoestima para el/la que la recibe. Puedes incluir lo que te gusta de esa persona, dedicarle un verso creado por ti, buscar una metáfora, incluso parte de una canción. 

Tendrás que escribir el mensaje con códigos sustituyendo las letras de cada palabra.
Puedes ser original pero sobre todo debes ser positivo/a, sincero/a y ayudar a que el destinatario/a descubra su parte positiva.

Debes leer en alto el mensaje que te han dedicado. 

3, 2, 1 empezamos a dar su merecido a la clase!


Emulando a Maestra de pueblo. de Piensosiento Soy