domingo, 26 de junio de 2022

ACCESO A FPB: CB AGROXARDINERÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS

Se queres iniciar un Ciclo Básico nun centro pequeno, familiar e activo; se che gusta ter aulas no exterior: se o teu son os viveiros, as sementes, os cultivos sostibles, a floraría, a elaboración de estruturas, a xardinería; se queres ter oportunidades de emprego xa ao rematar o ciclo; se o teu é pasar dous cursos aprendendo unha profesión en lugar de estar na ESO, entón o IES Mugardos é o teu sitio. Por aquí che deixo algunha información que pode axudarte a decidir. Se precisas coñecer instalacións e coñecer algo máis, chámanos para concertar unha entrevista.
FPB ACCESO A CURSO 22-23 de Piensosiento Soy

SEMENTES DE FUTURO: HERBIÑAS ESPECIAIS E CON TALENTO.

Espero que esta seleccións de opcións laborais, ocupacionais e de formación sexa de utilidade ás nosas herbiñas especiais e con talento! Que a FPB vos permita sementar un futuro cheo de oportunidades.
Sementes especiais e con talento de Piensosiento Soy

miércoles, 22 de junio de 2022

SEMENTES DE FUTURO 22

A que foi bo estar por aquí e conseguir dous títulos? Herbiñas agora a sementar futuro!

lunes, 6 de junio de 2022

BENVIDA A 6º PRIMARIA. VOU Á ESO! 22

Que bo acollervos coma sempre, en vivo e directo, sen bichos, bruxas e coruxos! Damos a benvida ao futuro alumnado de 1º ESO e ás súas familias.