sábado, 30 de junio de 2018

ATRÉVETE 2017-2018: EMPRENDEMENTO E ALGO MÁIS (1º-2º ESO)

Mugardos, e en xeral o noso país, precisa de persoas emprendedoras. O Departamento de Orientación colabora con este obxectivo seguindo as directrices que nos marca a Consellería*, propondo actuacións desde 1º ESO a Bacharelato. Nesta ocasión toca facer "memoria" do traballado co alumnado de 1º e 2º ESO.

Este curso, igual que o curso pasado, participamos no programa "ATRÉVETE". Tivemos tres actividades clave:

-Coñecemento dos tipos de empresa. Achegámonos ao coñecemento dos modelos de empresa, en concreto das sociedades cooperativistas, visitando a cooperativa O Val de Narón. A súa xerente fíxonos un recibimento moi agradable e deunos unha pequeniña charla sobre este tipo de empresa, a súa historia, a súa formación, etc, e acompañounos na visita a algúns dos servizos que ofrece: perruquería, cafetaría, hipermercado, viveiro.

Ampliamos o coñecemento das empresas, engadindo esta cooperativa ao listado das visitadas o curso pasado: Pescanova e Aluman. Estas visitas seguro que serán de utilidade ás futuras e futuros emprendedoras/es  e ao alumnado que máis adiante participe noutros programas ou escolla materias relacionadas co emprendemento en 4º ESO e Bacharelato. 





-coñecemento do proceso de creación de dúas empresas, Roots e Central Park, da man dun emprendedor ao que lle temos unha especial admiración. Pablo, o noso emprendedor, fixo unha explicación ben clariña e moi accesible para o alumnado de 1º e 2º ESO na "II Semana das Profesións". Explicounos o plan de negocio e o plan económico financiero, fíxonos comprender o importante que é o estudo de: o mercado, a ubicación do negocio, a imaxe da empresa, o persoal e nos axudou a reflexionar sobre as dificultades para manterse e sobrevivir. Estou moi agradecida a Pablo por esta colaboración, de novo quero darche as grazas!.



-creación de varios produtos con materiais de refugallo (caixas de madeira, frascos e botes, elementos decorativos, chaveiros) e venda dos mesmos. Na creación dos produtos o alumnado tivo que tomar decisións sobre emprego de materiais, analizar custes de fabricación, decidir prezos de venta, dar un nome á súa empresa. 

Finalmente organizamos un mercado solidario para vender os produtos deseñados. O recaudado (en breve facemos reconto e ingreso e o comentamos no blog) irá para a ONG “Nico contra o cancro infantil” uníndonos así a proxecto de Solidariedade e Convivencia do centro deste curso escolar. 

Grazas ao labor dos titores e titoras: Adán, Paula, Esther e Paula e coma sempre a Rita que fai posible que todo marche.    





                                          





*Entre os obxectivos dos Departamentos de Orientación está tal e como indican as instrucións da Circular 10/10 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o de ”participar e colaborar na difusión e apoio do fomento da cultura emprendedora do alumnado no centro, así como favorecerlle o coñecemento e utilización das ferramentas dispoñibles en materia de emprendemento"

domingo, 17 de junio de 2018

PRESENTACIÓN INFORMACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL 4º ESO

Achégovos a presentación empregada nas sesións informativas realizadas nas aulas e coas familias.

Lembrade que nas pantallas nas que aparece a imaxe dunha man na esquina superior dereita, se premedes nesa imaxe ábrese unha nova pantalla con máis información.

Nas pantallas nas que aparecen documentos, podedes amplialos primeiro premendo no documento e logo indo á parte inferior do documento donde parece: - e +.

Recoméndase empregar Chrome como navegador.

CADERNIÑO ORIENTACIÓN PROFESIONAL 4º ESO

PRESENTACIÓN INFORMACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL 1º BACH "A MEDIO CAMIÑO"

Achégovos a presentación empregada nas sesións informativas realizadas nas aulas e coas familias.

Lembrade que nas pantallas nas que aparece a imaxe dunha man na esquina superior dereita, se premedes nesa imaxe ábrese unha nova pantalla con máis información.

Nas pantallas nas que aparecen documentos, podedes amplialos primeiro premendo no documento e logo indo á parte infrerior do documento donde parece: - e +.

Recoméndase empregar Chrome como navegador.

CADERNIÑO INFORMACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL 1º BACHARELATO

miércoles, 6 de junio de 2018

ESTREA CAMPAÑA ACOSO ESCOLAR

Hoxe presentamos os productos realizados na campaña de acoso escolar realizada nas titorías de 2° ESO. A estrea mundial foi no CEIP Unión Mugardesa co alumnado de 5º e 6º Primaria, agradecemos moito, moitísimo á dirección, orientación e titoras do cole ter esta oportunidade!


QUE É ACOSO ESCOLAR E QUE NON?

Blanca, Juan e Lorena indicaron os tres criterios que se inclúen no protocolo de acoso escolar que permiten identificar o acoso escolar e diferencialo dunha agresión puntual.
TIPOS DE ACOSO ESCOLAR

Bruno e Antón fixeron unhas pegatinas superchulas para identificar os tipos de acoso e mensaxes para parar o acoso escolar. Están a piques de chegar, en canto as teñamos publicamos as imaxes. Propóñenvos espallar esta información pegando as mensaxes en sitios visibles.






Dani, Rubén e Uxío elaboraron carteis con códigos QR nos que asociaron imaxes relacionadas co acoso escolar cos tipos de acoso. Escaneade o código e saberedes que tipo de acoso se realiza na imaxe.





SÍNTOMAS QUE NOS PODEN ALERTAR SOBRE UNHA SITUACIÓN DE ACOSO ESCOLAR

As nosas Lauras explicaron algúns dos síntomas que pode ter un alumno/a vítima de acoso escolar. Son síntomas que poden aparecer asociados a outros diagnósticos pero que tamén nos poden alertar sobre a posibilidade de acoso escolar.



IMPORTANCIA DO ALUMNADO OBSERVADOR

Angela, Ashley, Dani e Helena centraron a atención no alumnado observador neste exemplo de acoso escolar. Que importante é axudar á vítima e contar o que ela non pode ou non se atreve a contar.




COMO SE SINTE UN ALUMNO/A
ACOSADO/A? COMO PODEMOS AXUDARLLE?

Katherine, Yanira e Elisabeth amosaron na súa presentación animada as emocións do alumnado vítima de acoso escolar e,ofreceron solucións para axudar a que a vítima se sinta ben.


 


AUTOESTIMA. IMPORTANCIA DOS HALAGOS

Carlota, Diego, Lara e Martina falaron da importancia de quererse e ter unha boa autoestima, de como o alumnado invisible e acosado non ten oportunidades de recibir halagos pero si recibe críticas negativas que afectan á súa autoestima. Fixemos unha dinámica donde todos os nenos e nenas recibiron un par de halagos dos seus compañeiros e compañeiras. Os halagos teñen efectos moi positivos, rouban sorrisos e fannos sentir moi ben!




COMECOCOS. FALA E CONTA O QUE CHE PASA

Micaela, Elsa e Jacobo fixeron este comecocos con situacións propias do acoso escolar que tamén inclúe recomendacións de con quen se pode falar.

martes, 5 de junio de 2018

A PRIMERA VISTA

"A primera vista" es un vídeo para ver más de una vez...

 Seguro que te sorprenderá este corto elaborado por el alumnado del IES Wenceslao.