miércoles, 6 de junio de 2018

ESTREA CAMPAÑA ACOSO ESCOLAR

Hoxe presentamos os productos realizados na campaña de acoso escolar realizada nas titorías de 2° ESO. A estrea mundial foi no CEIP Unión Mugardesa co alumnado de 5º e 6º Primaria, agradecemos moito, moitísimo á dirección, orientación e titoras do cole ter esta oportunidade!


QUE É ACOSO ESCOLAR E QUE NON?

Blanca, Juan e Lorena indicaron os tres criterios que se inclúen no protocolo de acoso escolar que permiten identificar o acoso escolar e diferencialo dunha agresión puntual.
TIPOS DE ACOSO ESCOLAR

Bruno e Antón fixeron unhas pegatinas superchulas para identificar os tipos de acoso e mensaxes para parar o acoso escolar. Están a piques de chegar, en canto as teñamos publicamos as imaxes. Propóñenvos espallar esta información pegando as mensaxes en sitios visibles.






Dani, Rubén e Uxío elaboraron carteis con códigos QR nos que asociaron imaxes relacionadas co acoso escolar cos tipos de acoso. Escaneade o código e saberedes que tipo de acoso se realiza na imaxe.





SÍNTOMAS QUE NOS PODEN ALERTAR SOBRE UNHA SITUACIÓN DE ACOSO ESCOLAR

As nosas Lauras explicaron algúns dos síntomas que pode ter un alumno/a vítima de acoso escolar. Son síntomas que poden aparecer asociados a outros diagnósticos pero que tamén nos poden alertar sobre a posibilidade de acoso escolar.



IMPORTANCIA DO ALUMNADO OBSERVADOR

Angela, Ashley, Dani e Helena centraron a atención no alumnado observador neste exemplo de acoso escolar. Que importante é axudar á vítima e contar o que ela non pode ou non se atreve a contar.




COMO SE SINTE UN ALUMNO/A
ACOSADO/A? COMO PODEMOS AXUDARLLE?

Katherine, Yanira e Elisabeth amosaron na súa presentación animada as emocións do alumnado vítima de acoso escolar e,ofreceron solucións para axudar a que a vítima se sinta ben.


 


AUTOESTIMA. IMPORTANCIA DOS HALAGOS

Carlota, Diego, Lara e Martina falaron da importancia de quererse e ter unha boa autoestima, de como o alumnado invisible e acosado non ten oportunidades de recibir halagos pero si recibe críticas negativas que afectan á súa autoestima. Fixemos unha dinámica donde todos os nenos e nenas recibiron un par de halagos dos seus compañeiros e compañeiras. Os halagos teñen efectos moi positivos, rouban sorrisos e fannos sentir moi ben!




COMECOCOS. FALA E CONTA O QUE CHE PASA

Micaela, Elsa e Jacobo fixeron este comecocos con situacións propias do acoso escolar que tamén inclúe recomendacións de con quen se pode falar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario