Mostrando entradas con la etiqueta Presentaciones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Presentaciones. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

ACOLLIDA ALUMNADO 1º ESO

Este ano a COVID non impediu realizar a nosa xornada de transición. Sabemos que vernos en vivo e directo é moito mellor pero...este ano tocou acoller moi TIC! Aquí tendes a presentación para repasala e preguntar as dúbidas que vos xurdan despois. Vémonos o curso que ven!

2º ESO, O PRÓXIMO CURSO + E MELLOR

Pois eso, máis e mellor. Para elo bota unha ollada a esta presentación que che axudará a coñecer os itinerarios educativos que se abren no próximo curso.Esta presentación tamén a teredes na aula de Orientación en EDIXGAL.

miércoles, 17 de junio de 2020

ACOLLIDA ALUMNADO 1º BACHARELATO

Cambia a forma de facer a acollida pero nada máis. Aquí estamos para facer mási doada a transición.
Temos ganas de coñecervos. Damos a benvida ao noso alumnado e familias de CPI As Mirandas e CPR Loyola. 
 

FP BÁSICA, SEMENTES DE FUTURO

Este curso temos a nosa segunda promoción de FP Básica. Agora o noso alumnado ten portas abertas que seguro sabe aproveitar.

UN PASO ADIANTE, REMATAMOS 3º!

Presentación da orisesión co alumnado de 3º ESO.


lunes, 13 de febrero de 2017

PERFORMANCES POLA IGUALDADE. CONTRATO PROGRAMA 1º BACHARELATO.

O alumnado de 1º Bacharelato tamén puxo o seu graniño de area ao proxecto de centro relacionado coa Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Foi un graniño interdisciplinar que realizamos como actividade grupal de titoría e como actividade de educación física. Foi todo un pracer traballar desde o Departamento de Orientación con Dina, a nosa profe de educación física.   

O noso obxectivo final consistía en irrumpir nun xoves de mercado do mes de marzo con varias performances nas rúas do Concello. Todas as performances tiveron como tema principal o empoderamento da muller e a necesidade de igualdade real entre homes e mulleres. 

A primeira sesión a dedicamos a coñecer algo máis sobre o empoderamento da muller e as performances. Esta sesión a desenvolvimos na aula coa seguinte presentación que tamén incluía exemplos de performances que podían inspirar a creatividade dos grupos.





A continuación, adicamos 2-3 sesións máis a deseñar as performances e ensaialas. O 08 de marzo tamén fixemos unha pequena mostra no centro, foi o noso prestreo ;).Deixámosvos as seguintes imaxes destes momentos:








O Departamento de Orientación convertiuse neste proceso creativo nun almacén de esceneografía, cheo de caixas, tutús, varitas máxicas, disfraces, carteis e pancartas...vamos nun espazo vivo, creativo e adaptado ás necesidades das actividades que desde alí se coordinan.       


Como todos os artistas, tivemos que adaptarnos aos imprevistos e tivemos que pospoñer a saída por unha treboada que deu entrada xusto cando iamos saír a mostrar as nosas creacións...pero como sempre escampa e somos pacientes, esperamos a que o tempo estivese do noso lado e por fin, saímos a rúa! Serafín, o nos dire, que nos acompañou xunto con Vero, Fran e David, tamén irrumpiu no mercado e mesmo creou debate entre os/as clientes e os/as praceiros/as. Neste video temos un resumo da representación das performances, botade unha ollada! 






Rematamos esta crónica coa secuencia didáctica:


  

miércoles, 27 de enero de 2016

XA SON TÉCNICO/A!!: AS MIÑAS OPCIÓNS

Con esta presentación veremos algunhas das opcións que baralla "Alvariña", a nosa particular Técnica en Elaboración de Viños. (Revisión: incorporouse as novidades de acceso a CS desde CM publicadas pola consellería no mes de febrero 2016)


lunes, 1 de junio de 2015

PRESENTACIÓN 1º BACHARELATO: A MEDIO CAMIÑO. CURSO 14-15

Repites o próximo curso ou pasas a 2º Bacharelato?

Tanto nun caso coma noutro consulta a presentación. Se repites terás que coñecer o novo Bacharelato LOMCE que te tocará cursar e, se promocionas a 2º tes que escoller moi ben as materias de 2º e coñecer o acceso aos estudos posteriores. Preparado/a?


domingo, 31 de mayo de 2015

PRESENTACIÓN 4º ESO

Aquí tendes unha presentación que vos axudará a escoller modalidade e materias de 1º Bacharelato LOMCE.

Xa que a Consellería non publicou o Decreto da ESO e unicamente temos un borrador, todavía pode haber cambios. En canto se publique o decreto definitivo, subo a presentación modificada se hai novidades, ok?.



CADERNIÑO DE ORIENTACIÓN 3º ESO

Aquí tendes un material que vos será de utilidade para decidir as materias para o próximo curso.

 Xa que estamos pendentes de que a Consellería publique o Decreto definitivo da ESO e Bacharelato LOMCE tiven que incluírvos a información do Borrador de Decreto. En canto sexa definitivo, publico novidades se as hai.