martes, 18 de junio de 2019

ACCESO Á UNIVERSIDADE: CHARLA da UDC

Déixovos o enlace coa presentación que o SERVIZO DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA nos fixo no 2º trimestre. O que vos explican do proceso de admisión é válido para todas as universidades galegas.

Agora é tempo de lembrar e repasar información importante.


https://drive.google.com/file/d/1TVO69AF4PLJvyERc_ZGfGlMqGfukMZ6F/view?usp=sharing

lunes, 17 de junio de 2019

PRESENTACIÓN "PASO...DE ETAPA!". 4º ESO. XUÑO 2019

Toca repasar o tratado en titorías e nas charlas das familias para tomar boas decisións. Pasas de etapa e, quizáis incluso che toca cambiar de centro...pero sempre estaremos dispostos/as a axudarche e apoiarte no que precises.

PRESENTACIÓN "FUTURO DE INDICATIVO" 3º ESO. XUÑO 2019

Podedes consultar a presentación para coñecer as opcións para o vindeiro curso 19-20. Lembra compartir conmigo as dúbidas que teñas, as resolveremos!.

CADERNIÑO "É TEMPO DE DECIDIR". 3º ESO

Non sempre é doado tomar decisións, sabémolo, pero con información e a nosa axuda achegaráste cada vez máis ás túas metas. É tempo de decidir, oriéntoche?
Con este caderniño poderás repasar o visto nas sesións de titoría. Lembra preguntarme as dúbidas, facer os cuestionarios do ORIENTA 18-19 e visitar as pantallas interactivas da presentación, ok?   

BENVIDA AO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

A semana pasada realizamos a xornada de acollida do alumnado de 6º Primaria dos CEIPs Unión Mugardesa e Santiago Apóstolo (Franza).

Esta foi a presentación que empregamos para explicarlles as novidades. Ademáis lles preparamos un particular buzón en forma de corazón no que se atoparon as cartas do alumnado de 1º ESO. Nelas  explicaronlles cousiñas da nova etapa, do insti e de como viviron a transición de etapa. Ademáis os invitamos á primeira merenda no 1º recreo do insti e rematamos cun tour polo centro para coñecer as instalacións.

Vémonos á volta do verán, que ganas de volver a veros!


PRESENTACIÓN "A MEDIO CAMIÑO". 1º BACHARELATO

Nesta presentación atoparás pantallas interactivas que te levan a páxinas oficiais donde poderás ampliar a información. Se na pantalla aparece na esquina superior dereita un icono cunha man, preme nel para abrir os enlaces.

Se precisas resolver alguna dúbida ven e a resolvemos ou, mándame un correo.

CADERNIÑO: "ATRÉVETE A SER". 4º ESO

Atréveste a ser? A ser unha das persoas que melloran o mundo? Por que non? Ti podes, so tes que dar o primeiro paso e poñerte a camiñar. Eu te acompaño, atréveste?
.  

CADERNIÑO "A MEDIO CAMIÑO". 1º BACHARELATO

Como cada ano aquí poderás consultar a información básica para tomar decisións cara ao próximo curso. Lembra consultar tamén a presentación interactiva e consultarme as dúbidas que teñas

domingo, 2 de junio de 2019

PRESENTACIÓN CAMPAÑA PREVENCIÓN CONSUMO DE ALCOL NO CONCELLO

O alumnado de 4º presentou a campaña de prevención do alcol que realizou nas sesións de titoría coa colaboración do Concello e ASFEDRO. Esta foi a presentación que empregaron para a presentación na sa de plenos do Concello. Parabens, o fixéchedes xenial! Os carteis e posavasos estarán visibles nas festas e locais de ocio para lembrar que para divertirse non é preciso consumir alcol nin outras sustnacias.