¿Como recontar cuentos con una mirada más justa y libre de estereotipos sexistas?
Te invito a hacer cambios en los cuentos sexistas con ayuda de este material.
Mostrando entradas con la etiqueta Contrato Programa 16-17. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contrato Programa 16-17. Mostrar todas las entradas
viernes, 1 de septiembre de 2017
RE-CUENTO. CONTRATO PROGRAMA 1º ESO: CONVIVENCIA E IGUALDADE
Etiquetas:
Contrato Programa 16-17,
Curso 16-17,
Igualdad,
Nós Feminino Plural,
Titorías 1º ESO,
Tutorías 16-17
lunes, 13 de febrero de 2017
PERFORMANCES POLA IGUALDADE. CONTRATO PROGRAMA 1º BACHARELATO.
O alumnado de 1º Bacharelato tamén puxo o seu graniño de area ao proxecto de centro relacionado coa Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Foi un graniño interdisciplinar que realizamos como actividade grupal de titoría e como actividade de educación física. Foi todo un pracer traballar desde o Departamento de Orientación con Dina, a nosa profe de educación física.
O noso obxectivo final consistía en irrumpir nun xoves de mercado do mes de marzo con varias performances nas rúas do Concello. Todas as performances tiveron como tema principal o empoderamento da muller e a necesidade de igualdade real entre homes e mulleres.
A primeira sesión a dedicamos a coñecer algo máis sobre o empoderamento da muller e as performances. Esta sesión a desenvolvimos na aula coa seguinte presentación que tamén incluía exemplos de performances que podían inspirar a creatividade dos grupos.
A primeira sesión a dedicamos a coñecer algo máis sobre o empoderamento da muller e as performances. Esta sesión a desenvolvimos na aula coa seguinte presentación que tamén incluía exemplos de performances que podían inspirar a creatividade dos grupos.
A continuación, adicamos 2-3 sesións máis a deseñar as performances e ensaialas. O 08 de marzo tamén fixemos unha pequena mostra no centro, foi o noso prestreo ;).Deixámosvos as seguintes imaxes destes momentos:
O Departamento de Orientación convertiuse neste proceso creativo nun almacén de esceneografía, cheo de caixas, tutús, varitas máxicas, disfraces, carteis e pancartas...vamos nun espazo vivo, creativo e adaptado ás necesidades das actividades que desde alí se coordinan.
Como todos os artistas, tivemos que adaptarnos aos imprevistos e tivemos que pospoñer a saída por unha treboada que deu entrada xusto cando iamos saír a mostrar as nosas creacións...pero como sempre escampa e somos pacientes, esperamos a que o tempo estivese do noso lado e por fin, saímos a rúa! Serafín, o nos dire, que nos acompañou xunto con Vero, Fran e David, tamén irrumpiu no mercado e mesmo creou debate entre os/as clientes e os/as praceiros/as. Neste video temos un resumo da representación das performances, botade unha ollada!
Rematamos esta crónica coa secuencia didáctica:
Etiquetas:
Contrato Programa 16-17,
Convivencia,
Feito aquí,
Igualdad,
Nós Feminino Plural,
Presentaciones,
Rompiendo moldes,
Titorías Bacharelato,
Tutorías 16-17,
Valores
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




