miércoles, 24 de junio de 2020

CADERNIÑO 1º BACHARELATO

Mañá toca entrega de notas e tomar decisións como matricularse nas materias que máis me conveñen para a ABAU ou estudos superiores, ou redirixir ou meu itinerario. Ademáis da información que xa vimos nas sesións de orientación, nas presentacións e no classroom, déixovos este caderniño con toda a información o máis actualizada posible. Se tendes dúbidas ou precisades videochamada ou chamada, mándademe un correo a piensosientosoy@gmail.com. Vémonos!

CADERNIÑO 3º ESO 2020

Mañá toca entrega de notas e tomar decisións como matricularse no 4º Académico ou Aplicado, escoller optativas, optar pola FP Básica.

Ademáis da información que xa vimos nas sesións de orientación, nas presentacións e no classroom, déixovos este caderniño con toda a información o máis actualizada posible.

Se tendes dúbidas ou precisades videochamada ou chamada, mándademe un correo a piensosientosoy@gmail.com. Vémonos!

CADERNIÑO 4º ESO 2020

Mañá toca entrega de notas e tomar decisións como matricularse en Bacharelato, Ciclos, Ciclos de Réxime Especial,etc. Ademáis da información que xa vimos nas sesións de orientación, nas presentacións e no classroom, déixovos este caderniño con toda a información o máis actualizada posible. Aínda seguimos sen poder coñecer a oferta actualizada do Ciclos do curso que ven a pesar de que mañá 25 de xuño empeza o prazo de solicitude.
Mañá podo comezar a axudarvos a solicitar Ciclos. Se precisades videochamada ou chamada, mándademe un correo a piensosientosoy@gmail.com. Vémonos!

jueves, 18 de junio de 2020

ACOLLIDA ALUMNADO 1º ESO

Este ano a COVID non impediu realizar a nosa xornada de transición. Sabemos que vernos en vivo e directo é moito mellor pero...este ano tocou acoller moi TIC! Aquí tendes a presentación para repasala e preguntar as dúbidas que vos xurdan despois. Vémonos o curso que ven!

2º ESO, O PRÓXIMO CURSO + E MELLOR

Pois eso, máis e mellor. Para elo bota unha ollada a esta presentación que che axudará a coñecer os itinerarios educativos que se abren no próximo curso.Esta presentación tamén a teredes na aula de Orientación en EDIXGAL.

miércoles, 17 de junio de 2020

ACOLLIDA ALUMNADO 1º BACHARELATO

Cambia a forma de facer a acollida pero nada máis. Aquí estamos para facer mási doada a transición.
Temos ganas de coñecervos. Damos a benvida ao noso alumnado e familias de CPI As Mirandas e CPR Loyola. 
 

FP BÁSICA, SEMENTES DE FUTURO

Este curso temos a nosa segunda promoción de FP Básica. Agora o noso alumnado ten portas abertas que seguro sabe aproveitar.

UN PASO ADIANTE, REMATAMOS 3º!

Presentación da orisesión co alumnado de 3º ESO.


ORISESIÓN 1º BACHARELATO

 
Comparto tamén por aquí a presentación de hai unhas semanas e que tendes publicado tamén no Classroom de Orientación agora que se acerca o momento da matrícula.