Grazas á colaboración dos centros educativos, do Concello e das empresas foi posible organizar un evento no que recaudamos ó redor de 1600 euros que foron destinados a "Nico contra o cancro infantil". Ademáis de fomentar a boa convivencia, coñecimos as necesidades dos rapaces e rapazas con cancro e puidemos colaborar coa investigación desta enfermidade que conta con poucos apoios por ser unha enfermidade rara e pouco frecuente.
Este ano estamos cos preparativos para a segunda edición. O primeiro paso que demos foi realizar esta PACMAN-presentación para darvos a coñecer as ONGs aliadas de "Edusolidariedade á mugardesa II" que loitan contra os "monstruos" da infancia e a xuventude. Os cartos recaudados irán para a ONG escollida por maioría polos catro centros participantes:
- IES Mugardos
- CEIP Santiago Apóstolo
- CEIP Unión Mugardesa
- CPR Loyola
Non te preocupes se este ano non sae a túa causa solidaria porque o importante é colaborar cunha boa causa, ademáis os próximos anos terás máis oportunidades para que saia seleccionada a túa.
No seguinte enlace poderedes votar á vosa ONG preferida entre os días 11-15 marzo: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSekrDT19hQEf73oYbSTq3UnOHr5frLS1DakgIfGHxV-YTPMcw/viewform?vc=0&c=0&w=1
NOTA: A ONG escollida debe aceptar o compromiso de estar presente o día do evento e dar unha charla nos catros centros. Todas as ONGs deben cumprir o requisito de ter algunha sede en Galicia e contar con proxectos para a infancia e a xuventude. No caso de que non se acepten estas condicións, escollerase a seguinte ONG máis votada.