lunes, 28 de enero de 2019

APRENDER CON ESTRATEGIA: AUTORES/AS

Juego del "Quién es quien" para estudiar autores (el ejemplo no incluye mujeres😭). Casero como los 🍳.
Lo podéis probar en vuestras
casas, no es peligroso. A prueba de problemas de conexión a la red. 😜

martes, 15 de enero de 2019

II CONCURSO DE NORMAS DE CONVIVENCIA: 1° ESO A

Matarilerilerile, no fondo do mar agóchanse tesouros, neste caso chaves máxicas para a convivencia.
A nosa mariñeira aula de 1° ESO A  coa súa capitana-titora Ana mostrou ao xurado unha proposta ben visual con normas moi variadas que axudan a ter unha clase en calma alonxada de marexadas e maremotos.

Parabens rapazas e rapazas, moi bo traballo!

 




II CONCURSO DE NORMAS DE CONVIVENCIA: 1° ESO B

Empezamos o ano lembrando o marabilloso traballo realizado por 1° ESO B. O xurado quedou impresionado pola posta en escea da presentación das normas desta aula. Martín recibiunos na porta e dirixiunos ao fondo da clase donde ordenadamente o alumnado contounos cales son as normas acordadas pola aula e, o proceso de toma de decisións para a elección tanto das normas como da súa orixinal presentación.

Parabens a Camilo, o titor, e a todos os rapaces e rapazas de 1° ESO B. Toca disfrutar do premio!



lunes, 14 de enero de 2019

II CONCURSO DE NORMAS: 2° ESO B


No noso centro temos unha aula na que crece unha árbore perenne con follas que se alimentan da sabia da convivencia. As súas raíces son fortes e se extenden polo corredor. Esperamos que sexa dunha especie invasora e contaxie ao centro de boas e uteis normas.

O xurado valorou a creatividade e o inxenio desta proposta de normas de aula e, animou á rapazada a seguir engadindo follas para previr e resolver conflitos. Pola creatividade, o esforzo na selección de normas realistas e o traballo de grupo, mañá tócavos desfrutar de merendola! Parabens ao titor Diego e aos rapaces e rapazas de 2° ESO, bo traballo!








II CONCURSO DE NORMAS: 2° ESO A





A convivencia é tan necesaria e agradable como un paseo ao carón do mar do noso Mugardos.

Gustounos moito que xuntos decidirades confiar no talento de Lucía como debuxante, e de Hugo como presentador do voso proxecto. Gustounos moito saber que xuntos ideachedes normas no ceo de Mugardos e que tamén xuntos coloreachedes a convivencia da vosa aula.

Grazas Thais por ser a guía, o faro deste porto-aula de mar, e facer o grupo máis grupo. Parabens rapaces e rapazas polo voso traballo!

PIXELANDO LA PAZ

Os grupos de 1º e 2º ESO están de misión, misión pola paz. O obxectivo é pixelar imaxes e mensaxes na rede metálica da nosa pista deportiva. Non serán mensaxes e imaxes calqueras, estarán cargadas de optimismo, de bo rollo, de paz e convivencia. Inspirándonos nas realizacións artísticas doutros autores, inundaremos de cor a sempre verdimalla e faremos traballo artesanal tecendo con puntadas de cruz o noso especial tear metálico. As nosas creacións serán como píxeles, píxeles de paz que nos lembrarán mensaxes que nunca debemos esquecer.


INSTRUCIÓNS PARA OS/AS MENSAXEIROS DE PAZ:

1º Cada aula escollerá unha frase curta e unha imaxe de paz  inspirándonos en:
- persoeiros como Premios Nobel da Paz
- persoaxes reais significativas e persoaxes ficticias como superheroes e superheroínas que transmiten valores que fortalecen a boa convivencia, a resolución de conflitos e a paz.     

  A imaxe e a frase debe conter poucos cores. Exemplos de imaxe:



2º. Unha vez escollida a imaxe, teremos que facer uso dunha aplicación para facer a plantilla de punto de cruz, podes escoller entre as seguintes:
Exemplo de como quedaría a imaxe coa plantilla de punto de cruz:
https://drive.google.com/file/d/1IEujhh0rGiXy4ElSyfs-_Z5_LWKjSTD5/view?usp=sharing

3º. Unha vez realizada a plantilla o titor debe encargar á orientadora os trapillos de cores que empregaredes para tecer a malla.


4º. Cargados de trapillos, os e as mensaxeiros/as deben marcar na red o debuxo/frase e lanzar ao centro cor e paz! Coa axuda do titor/a e da orientadora podedes continuar nos recreos.
Exemplo dunha malla tecida:

A estrea mundial será o DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO. 



PREMIOS ORIENTIC 2018

Muy agradecida a Orientadores en Red por incluir a Piensosientosoy entre los enlaces destacados de los premios OrienTIC 2018, y a todas las personas que con vuestros votos habéis escogido a este blog como tercer enlace más votado en la categoría C: Espacios con recurso de Orientación. Y por supuesto, gracias a todas las orientadoras y orientadores que mostráis vuestros trabajos y saber hacer en las redes y, servís de inspiración para orientadores y orientadoras inquietos/as. Gracias!