lunes, 14 de enero de 2019

PIXELANDO LA PAZ

Os grupos de 1º e 2º ESO están de misión, misión pola paz. O obxectivo é pixelar imaxes e mensaxes na rede metálica da nosa pista deportiva. Non serán mensaxes e imaxes calqueras, estarán cargadas de optimismo, de bo rollo, de paz e convivencia. Inspirándonos nas realizacións artísticas doutros autores, inundaremos de cor a sempre verdimalla e faremos traballo artesanal tecendo con puntadas de cruz o noso especial tear metálico. As nosas creacións serán como píxeles, píxeles de paz que nos lembrarán mensaxes que nunca debemos esquecer.


INSTRUCIÓNS PARA OS/AS MENSAXEIROS DE PAZ:

1º Cada aula escollerá unha frase curta e unha imaxe de paz  inspirándonos en:
- persoeiros como Premios Nobel da Paz
- persoaxes reais significativas e persoaxes ficticias como superheroes e superheroínas que transmiten valores que fortalecen a boa convivencia, a resolución de conflitos e a paz.     

  A imaxe e a frase debe conter poucos cores. Exemplos de imaxe:



2º. Unha vez escollida a imaxe, teremos que facer uso dunha aplicación para facer a plantilla de punto de cruz, podes escoller entre as seguintes:
Exemplo de como quedaría a imaxe coa plantilla de punto de cruz:
https://drive.google.com/file/d/1IEujhh0rGiXy4ElSyfs-_Z5_LWKjSTD5/view?usp=sharing

3º. Unha vez realizada a plantilla o titor debe encargar á orientadora os trapillos de cores que empregaredes para tecer a malla.


4º. Cargados de trapillos, os e as mensaxeiros/as deben marcar na red o debuxo/frase e lanzar ao centro cor e paz! Coa axuda do titor/a e da orientadora podedes continuar nos recreos.
Exemplo dunha malla tecida:

A estrea mundial será o DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario