lunes, 14 de enero de 2019

II CONCURSO DE NORMAS: 2° ESO A





A convivencia é tan necesaria e agradable como un paseo ao carón do mar do noso Mugardos.

Gustounos moito que xuntos decidirades confiar no talento de Lucía como debuxante, e de Hugo como presentador do voso proxecto. Gustounos moito saber que xuntos ideachedes normas no ceo de Mugardos e que tamén xuntos coloreachedes a convivencia da vosa aula.

Grazas Thais por ser a guía, o faro deste porto-aula de mar, e facer o grupo máis grupo. Parabens rapaces e rapazas polo voso traballo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario