domingo, 9 de mayo de 2021

FOTOGRAFIANDO A CONVIVENCIA (actualización)

Sabemos que vos gustan as fotos, os selfies e as propostas audiovisuais, por iso, imos a darlle unha visión diferente a isto de convivir. Imos a proporvos facer unha expo de fotos que representen a convivencia, que ademáis visualizaremos nos días da Paz e as edicións de Edusolidariedade á mugardesa dos seguintes cursos. 

Podedes facer máis dunha foto, de forma individual ou en grupo de dous ou tres (mantendo a distancia). As fotos podedes facelas na aula ou fóra da mesma coa axuda dun profesor/a.

Como o facemos? Como fotografiar un concepto abstracto? Imos a seguir uns PASOS que espero vos poidan axudar:

 1. Buscamos no diccionario o significado da palabra convivencia e apuntamos no encerado as palabras clave coas que se asocia. 

 2. Seguimos buscando palabras que poidamos asociar á convivencia. Esta vez incluímos emocións e sensacións, cores, xestos, e accións que se relacionan con este concepto. Sempre en positivo!.

3. Apoiándonos nas palabras e significados encontrados anteriormente, pensamos en escenas que poidamos representar e fotografiar. Para buscar ideas, podedes por exemplo: 
  •  escoller unha canción emblemática sobre a paz e crear unha escena que aa represente. 
  •  partir dunha situación vivida e real que fose significativa para vós (p.ex: unha situación que se arranxou dialogando, unha situación na que na que precisáchedes da axuda dos demáis ou a ofrecíchedes, etc). 
  • representar una obra pictórica que fale sobre a convivencia, a paz. 
  • representar unha peli que trate sobre a convivencia e a paz. 
  • representar unha situación relacionada co tema que se inclúa nun conto, unha lenda, un poema 
  • crear unha escena donde se resolve unha situación de acoso con axuda dos demáis. 
  • xestos, accións relacionados coa convivencia. 

 4. Cando teñades pensada a escena, tendes que fotografiala. Podedes empregar a vosa propia imaxe, sombras, obxectos, xoguetes, o que se vos ocorra. 

5. Finalmente escollede un nome e un título da foto e inclúede a autoría. Logo faremos a expo da CONVIVENCIA! 
Fotografiando a Convivencia de Piensosiento Soy