No noso centro temos unha aula na que crece unha árbore perenne con follas que se alimentan da sabia da convivencia. As súas raíces son fortes e se extenden polo corredor. Esperamos que sexa dunha especie invasora e contaxie ao centro de boas e uteis normas.
O xurado valorou a creatividade e o inxenio desta proposta de normas de aula e, animou á rapazada a seguir engadindo follas para previr e resolver conflitos. Pola creatividade, o esforzo na selección de normas realistas e o traballo de grupo, mañá tócavos desfrutar de merendola! Parabens ao titor Diego e aos rapaces e rapazas de 2° ESO, bo traballo!


No hay comentarios:
Publicar un comentario