Mostrando entradas con la etiqueta Titoría CFGB. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Titoría CFGB. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de noviembre de 2025

QUERÉMONOS BEN!

 Chega o 25 N, ogallá non fose necesario... pero toca seguir lembrando que debemos querernos ben, e que rapazas e rapaces tendes os mesmos dereitos. 

Construír un mundo máis xusto e igualitario é unha razón poderosa para adicar algunha sesión a este obxectivo.  

Este ano terás a posibilidade de escoller probas de amor para querernos ben, para respectarnos, para ternos en conta. Tres probas superadas, tres insignias abrirán a porta dun xogo mixto na seguinte titoría.  Imos aló, imos a querernos ben!

Querémonos ben de Piensosiento Soy Insignias: https://www.canva.com/design/DAG5-2sSA3g/apnNGUg6nFyB5MBZjJujzQ/view

jueves, 21 de septiembre de 2023

Pupitres con moita marcha! Concurso de coreos de pupitre.

Hai esperas doces como a chegada das vacacións, pero hai outras esperas que desesperan porque precisamos movernos si ou si. Para facer máis divertidos os cambios de clase e mover esos corpiños, imoos a propoñervos un concurso de coreos desde o pupitre. Espéranvos varias sesións de titoría divertidas, e 30 segundos movidos en cada cambio de clase. Botade unha ollada a este poster:
Pupitres con marcha de Piensosiento Soy

domingo, 10 de septiembre de 2023

E ti, (De) quen eres?

 Comezamos novo curso! Toca coñecer novo centro, compañeiras e compañeiros, profes...que vos parece se comezamos por poñernos nome? 

Imos a facelo dunha nova maneira, a ver que sae, igual ata botamos unhas risas!


Agora que sabemos como nos chamamos, podemos escribir unha característica que nos define, unha afición, un momento do verán, ou o que acordedes cos vosa titora ou titor.

jueves, 13 de octubre de 2022

DEBUXANDO A CINCO MANS

É tan importante ter metas? As metas, mellor individuais ou compartidas? Dirixe mellor o que máis manda? Que diferenza hai entre traballo grupal e traballo en equipo? Resolve estas preguntas mentras te divirtes con esta dinámica. Imos aló!
DEBUXOS A 5 MANS de Piensosiento Soy