miércoles, 11 de febrero de 2026
ORIENTA 26
domingo, 12 de octubre de 2025
HISTORIAS DE MEDO (NIVEL CHAT GPT E NIVEL TOP CREATIVIDADE). ESO E FPB
Chega Samaín. E a vida nos lembra que sempre hai medos. Vemos algunha cousiña sobre os medos e logo creamos historias?
Para axudarte terás algunhas condicións intrigantes, un esqueleto (de historia), uns dados, un temporizador, e unha votación. Non tes todo o tempo do mundo, lembra activar o temporizador.
Déixovos por aquí un pequeno video coa proposta, pero para activar as ligazóns de axuda teredes que ir á versión PDF que atoparedes logo de cada vídeo.
domingo, 7 de septiembre de 2025
ESTRELAS NO FIRMAMENTO
Esta dinámica pode ser unha boa opción para que o novo profesorado vos coñeza e tamén para que vós poidades coñecer aos/ás profes novos.
Imos pensar que a a nosa aula é unha constelación chea de estreliñas. E cada unha brilla dunha maneira especial. A persoa a coñecer debe saír ao encerado e debuxar unha estreliña no encerado. En cada punta debe escribir unha palabra que teña que ver con el/ela. P.ex se o/a profe é quen se presenta e pon: 40, hip hop, cómic, Ferrol e vainilla, temos que adiviñar que ten que ver esas palabra con ela ou con el. E logo de botar unhas risas o profe pode contarnos que quizáis teña 40 anos ou percorridos 40 centros, que é de Ferrol ou que lle gusta a ría de Ferrol, que odia ou lle encanta a vainilla, que tivo un premio de hip hop ou que é o único que non escoita, e que debuxa ou le cómis de Esther e as súas amigas.
A continuación, vos toca a vós, ide preparando as palabras da vosa estreliña.
Se preferides, podedes facer as estrelas en papel, e logo de facer a actividade, podedes colocar a vosa constelación nunha parede da aula.
