lunes, 29 de octubre de 2018

MOSAICOS DE IGUALDADE / MOSAICOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen relacionada

Se eu che digo "igualdade de xénero" ou "violencia de xénero", cantas imaxes che veñen á cabeza? Seguro que incluso máis ca palabras.

Nesta ocasión propóñovos que pensedes en imaxes e elaboredes un foto-mosaico. O noso mosaico amosará unha imaxe grande que vista de cerca estará formada de centos de imaxes pequenas.

Podedes xogar con contrastes e amosar unha realidade nunha imaxe e, o seu contrario en imaxes pequenas, por exemplo:
- podedes escoller unha imaxe de "muller, sexo débil"e moitas fotos pequenas que demostran o contrario
- escoller un home científico en grande e, moitas mulleres científicas en pequeno

ou, podedes resaltar unha idea incluindo na imaxe grande, imaxes pequenas relacionadas co concepto que queredes destacar (igualdade ou violencia de xénero), por exemplo:
-imaxe grande dunha superheroína ficticia que inclúa imaxes pequenas de superheroínas reais
-imaxe grande de violencia de xénero no noviazgo que inclúa imaxes pequenas que definen a relación tóxica e de violencia (mírame o móbil, pídeme contrasinais, ïbdime como vestir, aíllame, etc).

Resultado de imagen de igualdad de género
Podedes partir de conceptos relacionados coa igualdade de xénero e a violencia de xénero como:
-teito de cristal
-mulleres relevantes: na ciencia, no deporte, na literatura, etc
-mulleres que cambiaron o mundo
-o amor non doe
-etc

Os vosos mosaicos serán expostos ou o día 25 de novembro e/ou o 08 de marzo. Formarán parte dunha exposición pública que organizaremos no centro e no Concello, nela poredes á venda os vosos mosaicos. Os fondos recaudados serán destinados a unha causa solidaria escollida polo alumnado do centro.

Tendes que ir gardando as imaxes fora da aplicación nunha carpeta.

Esta proposta debe ser grupal polo que debedes agruparvos 3 alumnos/as, escoller unha idea, expoñela ao grupo grande para non repetila e buscar información e imaxes que representen a vosa proposta. Os mosaicos deben ser feitos coa seguinte aplicación: www.easymoza.com


Cando rematedes, enviade as vosas propostas á titora/titor  e máis ao correo piensosientosoy@gmail.com. Nós encargámonos de imprimilas.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario