martes, 30 de octubre de 2018

GIRL STEM

Unha pequena parte desta xornada incluiu unha entrevista a profes e alumnado. Lara, Leticia e Fran dan a súa visión sobre os factores que inflúen nas decisións vocacionais das rapazas e a presenza da muller no mundo.
 
Ogallá ao longo das etapas teñades cada vez máis presente as preguntas que vos fixeron na xornada: que queredes ser? Que vos vedes facendo no futuro? Nos vosos plans, nas vosas motivacións está cambialo mundo?
 
As mulleres debemos ter presenza nos postos que permiten cambialo mundo e formar equipo cos homes. Xuntos, sumamos!
 
A ciencia, a tecnoloxía son postos que facilitan os cambios e, sen embargo, a presenza é minoritaria. Poderiamos engadir tamén o mundo da política, da xustiza, da economía... Pensa se o teu papel na vida ten que ver coa posibilidade de melloralo mundo, seguro que si!


No hay comentarios:

Publicar un comentario