jueves, 8 de julio de 2021
MANUAL DE FUTURO. 4º ESO. 20-21
Etiquetas:
Titorías 4º ESO,
Toma de decisiones,
Tutorías 20-21
UN PASO ADIANTE. 3º ESO 20-21
Etiquetas:
Titorías 3º ESO,
Toma de decisiones,
Tutorías 20-21
domingo, 4 de julio de 2021
BENVIDA AO BACHARELATO NO IES MUGARDOS
Agora que estades en plena matriculación, pode ser bo momento para repasar a vosa nova etapa no IES e no bacharelato. Damos a benvida ao novo alumnado procedente de CPI As Miranda e CPR Loyola que se incorpora ao noso centro o próximo curso!
VOU AO IES!
Para repasar o que vos contamos na xornada de acollida ás familias e alumnado que o próximo curso iniciará a súa andaina na etapa e no IES.
lunes, 7 de junio de 2021
PASIÑO A PASIÑO. 2º BACH. Curso 20-21
Para que repasedes antes da ABAU e da inscrición en FP, Universidade e ensinanzas de réxime especial, déixovos a presentación de 2º Bacharelato tamén pro aquí.
martes, 1 de junio de 2021
UN PASO ADIANTE! 3º ESO (CURSO 20-21)
Estamos dacordo en que no académico sempre hai que dar un paso adiante? Pois para lembrar como dalo, esta presentación!
Etiquetas:
Presentacións 20-21,
Titorías 3º ESO,
Tutorías 20-21
FINAL OU PRINCIPIO? 4º ESO CURSO 20-21
Para repasar información aquí vos queda a presentación que empregamos para falar de si empezamos ou rematamos.
Etiquetas:
Presentacións 20-21,
Titorías 4º ESO,
Tutorías 20-21
O PRÓXIMO CURSO, + E MELLOR! 2º ESO, CURSO 20-21
Para que poidades revisar o que vimos na titoría, aquí tendes esta presentación que espero vos axude.
Etiquetas:
Presentacións 20-21,
Titorías 2º ESO,
Tutorías 20-21
domingo, 9 de mayo de 2021
FOTOGRAFIANDO A CONVIVENCIA (actualización)
Sabemos que vos gustan as fotos, os selfies e as propostas audiovisuais, por iso, imos a darlle unha visión diferente a isto de convivir. Imos a proporvos facer unha expo de fotos que representen a convivencia, que ademáis visualizaremos nos días da Paz e as edicións de Edusolidariedade á mugardesa dos seguintes cursos.
Fotografiando a Convivencia de Piensosiento Soy
Podedes facer máis dunha foto, de forma individual ou en grupo de dous ou tres (mantendo a distancia). As fotos podedes facelas na aula ou fóra da mesma coa axuda dun profesor/a.
Como o facemos? Como fotografiar un concepto abstracto? Imos a seguir uns PASOS que espero vos poidan axudar:
1. Buscamos no diccionario o significado da palabra convivencia e apuntamos no encerado as palabras clave coas que se asocia.
2. Seguimos buscando palabras que poidamos asociar á convivencia. Esta vez incluímos emocións e sensacións, cores, xestos, e accións que se relacionan con este concepto. Sempre en positivo!.
3. Apoiándonos nas palabras e significados encontrados anteriormente, pensamos en escenas que poidamos representar e fotografiar.
Para buscar ideas, podedes por exemplo:
- escoller unha canción emblemática sobre a paz e crear unha escena que aa represente.
- partir dunha situación vivida e real que fose significativa para vós (p.ex: unha situación que se arranxou dialogando, unha situación na que na que precisáchedes da axuda dos demáis ou a ofrecíchedes, etc).
- representar una obra pictórica que fale sobre a convivencia, a paz.
- representar unha peli que trate sobre a convivencia e a paz.
- representar unha situación relacionada co tema que se inclúa nun conto, unha lenda, un poema
- crear unha escena donde se resolve unha situación de acoso con axuda dos demáis.
- xestos, accións relacionados coa convivencia.
4. Cando teñades pensada a escena, tendes que fotografiala. Podedes empregar a vosa propia imaxe, sombras, obxectos, xoguetes, o que se vos ocorra.
5. Finalmente escollede un nome e un título da foto e inclúede a autoría. Logo faremos a expo da CONVIVENCIA!
jueves, 22 de abril de 2021
PRESENTACIÓN FP BÁSICA 20-21: SEMENTES DE FUTURO
Atención, mañá as nosas sementes irán polo vento buscando novas terras donde crecer e madurar, empeza a FCT pero antes un pouquiño de información e asesoramento, para vós esta presentación que xa vimos na aula e que seguiremos nas sesións quincenais.
Etiquetas:
FP Básica,
Presentacións 20-21,
Titorías FP Básica,
Tutorías 20-21
SEMANA DAS PROFESIÓNS: CONVERSAS SOBRE O FUTURO
Deixamos tamén por aquí o programa da Semana das Profesións donde puidemos coñecer experiencias moi interesantes, de emprendemento, de mulleres de ciencia e deporte, de alumnado de titulacións novas, de cambios de itinerario, de profesións menos coñecidas. Esta semana permitiunos interesarnos aínda máis polo futuro e ilusionarnos polo novos camiños a descubrir.
Moitísimas grazas a Edda, Mara, Marisa, Pilar, Diego e ás miñas compañeiras de departamento por apoiar e facer posible esta Semana das profesións en tempos tan compricados. E moitas, moitas grazas a todas as persoas do cartel que fixeron posible que os nosos rapaces/zas estean máis ilusionados/as e cunha visión máis alentadora do futuro., grazas de 💓
SEMANA DAS PROFESIÓNS: CONVERSAS SOBRE O FUTURO de Piensosiento Soy
martes, 20 de abril de 2021
A SEMENTE ERES TI! 1º ESO DÁ A BENVIDA A 6º
Este ano escollemos a cor verde, a cor dos nosos montes e da esperanza para simbolizar a transición de etapa. A semente eres ti, polo que o alumnado de 1º ESO xunto co de FPB vai a preparar unha benvida moi especial. Imos aló!
lunes, 12 de abril de 2021
lunes, 8 de marzo de 2021
ELAS
Etiquetas:
Igualdad,
LGTBI,
Tutorías 20-21
Suscribirse a:
Entradas (Atom)