A invisibilidade da muller ao longo da historia queda reflexada nas rúas que percorremos a diario en cada rincón do mundo. Pensaches algunha vez cantas rúas teñen nome de muller?...Non?, pois faino, pensa en 5 rúas e dime cantas teñen nome de muller... Tremendo , non?!
Para profundizar máis neste tema plantéxovos a seguinte tarefa de investigación: descubre cantas rúas teñen nome de muller e cantas de home no teu concello e na túa comarca.
Para iniciar a investigación vos organizaredes en grupos de 3-4 compañeiros/as e escolleredes algunha das localidades mencionadas anteriormente. Posteriormente e con axuda de buscadores de rueiros e guías, clasificaredes os nomes das rúas por sexos, tendes que ser moi rigurosos porque publicaremos os resultados neste blog.
Recursos:
-páxinas amarelas/ páxinas amarelas
Actividades de ampliación:
- Se o tema vos resulta interesante, podedes facer carteis coa biografía das mulleres que dan nome ás rúas do teu concello.
- Por que destacan as mulleres que dan nome as localidades galegas? Existen diferencias ou encontramos mulleres e homes nas diferentes disciplinas: política, arte, educación,relixión...
No hay comentarios:
Publicar un comentario