domingo, 12 de febrero de 2017

CONVOCATORIA PROBAS LIBRES PARA OBTER O GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA



Quen pode presentarse?
As persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter dezaoito anos ou cumprilos alomenos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non ter o título de graduado en educación secundaria.
3. Non estar matriculado/a no curso 2016/17 na ESO (modalidade ordinaria) nin en FP Básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á 1° convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
Prazos de matrícula:
Xuño: do 13 de marzo-24 de marzo.
Setembro: do 3-10 de xullo de 2017.

Toda a información na convocatoria: DOG PROBA GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIAl