martes, 22 de septiembre de 2015

BECAS MECD





Lembrade que o día 30 de setembro remata o prazo de solicitude de becas do MECD.

Primeiro, consultade a convocatoria para coñecer se cumprides cos requisitos, despois podedes facer a solicitude no seguinte enlace:


miércoles, 17 de junio de 2015

REUNIÓN FAMILIAS DE 4º ESO E POSIBLES REPETIDORES/AS 1º BACHARELATO



Dada as dificultades para enviar convocatoria de reunión ao encontrarse o alumnado de 4º de excursión, estamos avisándovos por todos os medios posibles da reunión de mañá xoves ás 19:30 no salón de actos.

Esta reunión ten como obxectivo comunicar os cambios no Bacharelato pola implantación da LOMCE, é importante que asistades.

Por favor, colabora na difusión da reunión

lunes, 1 de junio de 2015

PRESENTACIÓN 1º BACHARELATO: A MEDIO CAMIÑO. CURSO 14-15

Repites o próximo curso ou pasas a 2º Bacharelato?

Tanto nun caso coma noutro consulta a presentación. Se repites terás que coñecer o novo Bacharelato LOMCE que te tocará cursar e, se promocionas a 2º tes que escoller moi ben as materias de 2º e coñecer o acceso aos estudos posteriores. Preparado/a?


domingo, 31 de mayo de 2015

PRESENTACIÓN 4º ESO

Aquí tendes unha presentación que vos axudará a escoller modalidade e materias de 1º Bacharelato LOMCE.

Xa que a Consellería non publicou o Decreto da ESO e unicamente temos un borrador, todavía pode haber cambios. En canto se publique o decreto definitivo, subo a presentación modificada se hai novidades, ok?.



CADERNIÑO DE ORIENTACIÓN 3º ESO

Aquí tendes un material que vos será de utilidade para decidir as materias para o próximo curso.

 Xa que estamos pendentes de que a Consellería publique o Decreto definitivo da ESO e Bacharelato LOMCE tiven que incluírvos a información do Borrador de Decreto. En canto sexa definitivo, publico novidades se as hai.




lunes, 25 de mayo de 2015

FALAMOS SOBRE O ACOSO ESCOLAR?

Nesta ocasión non vou ser eu que vos fale de acoso escolar, temos un material estupendo que un grupiño de compañeiros e compañeiras de 1º ESO realizaron para todos vós.

Pero antes de empezar imos a ver que sabedes de acoso antes de que os compañeiros/as vos expliquen algo máis, parécevos?Ben, pois entón empezamos co TEST de Sergio, aí vai!





Ben, agora imos a continuar cun VIDEO creado por Javier que nos explica o que é acoso e o que non, que tipo de acoso sería, o que podemos facer,etc.



Acoso escolar by AE2015 on GoAnimate

E se sofres acoso saberías que facer? Que tal se o vemos no COMIC que fixo Marcos:

 Parte 1:
Parte 2:

Logo de toda esta información resolveremos os seguintes SUPOSTOS sobre ciberacoso para comprobar o aprendido grazas a Ana.

domingo, 19 de abril de 2015

III SEMANA DAS PROFESIÓNS

Xa podes consultar o programa da Semana das Profesións e coñecer que emprendedor sorpresa nos visitará este ano, douvos varias pistas: é de Cambados, estudou no noso centro, e foi xurado en Top Chef!! />




 http://issuu.com/oricabanillas/docs/semana_das_profesi__ns_58274328af89be

jueves, 9 de abril de 2015

PROBAS DE ACCESO AO GRAO DE ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE. PONTEVEDRA




Aberto o prazo para a primeira convocatoria ata o 15 de maio. 

Precisades a seguinte documentación:
  • fotocopia DNI
  • Certificado médico donde apareza de forma literal a frase que se indica na convoatoria
  • Resgardo do pago do prezo da proba 63,67+6 euros
  • Certificación de discapacidade de ser o caso
Toda a información co procedemento de inscrición, os formularios e as probas na web da facultade e no taboleiro de Orientación.

A proba so é válida para o alumnado que acceda a este grao no curso 15-16.

O alumnado que non supere a primeira convocatoria terá unha nova convocatoria para acceder en setembro no caso de haber prazas. Se o alumno/a ten que repetir a proba este ano, unicamente ten que volver a abonar os 6 euros do seguro. 

Na barra da esquerda, etiqueta "UNIVERSIDADE" tendes os enlaces con toda a información.



domingo, 5 de abril de 2015

BOLSA EUROLINGUA IRLANDA 2015



Para alumnado universitario, de Bacharelato e Ciclos. A bolsa cubre o 100% dos gastos. Prazo: ata o 21 de abril

PLANAZO: "CONECTA CON GALICIA"



Se tes entre 18 e 30 anos e apetéceche coñecer Galicia con outros chicos e chicas doutros puntos xeográficos, apúntate a un dos plans de Xuventude.

Tes a posibilidade de realizar actividades no Mar ou coñecer parte do Camiño de Santiago.

Os/as que tendes menos de 18 anos, atentos/as porque en nada infórmovos das opcións que hai para vós.

http://xuventude.xunta.es/actividades-18.html


FACE VS BLOG



Noticias a unha velocidade supersónica en Facebook e ordenadiñas en Blogspot 




E ti xa eres de Piensosientosoy? 


NOVOS DOBRES GRAOS USC 15-16





No curso 15-16 a Universidade de Santiago de Compostela ofertará varios novos dobres graos. Queres saber cales son? Preme no enlace e os coñecerás.


martes, 3 de marzo de 2015

CAMPUS CIENTÍFICOS 2015




Eres alumno/a de 4º ESO y 1º Bachillerato? Si es así y tienes una media igual o superior a 7,5 tienes opción a vivir una experiencia preuniversitaria en alguna facultad española, enhorabuena!!

Podrás participar con chicos y chicas de otras comunidades en alguno de los proyectos  que os tiene preparados en la facultad escogida para despertar el interés por lo ciencia, la tecnología y la innovación. Algunos de los proyectos son: "Bases científicas de las investigaciones criminalísticas", "Trendic topic La Tierra", "Identificación de especies a través de técnicas genéticas", "Construyamos un robot", "Ingeniería genética: corte y confección de ADN" y muchos más. Además de descubrir vocaciones también viviréis una experiencia única de convivencia.


MÁS INFORMACIÓN Y SOLICITUD EN:

domingo, 1 de marzo de 2015

PIENSOSIENTOSOY EN FACEBOOK!




Ya era hora, a partir de este momento ya puedes seguir la página de PIENSOSIENTOSOY en FACEBOOK.

Dále a "me gusta" y serás el primero/a en conocer las novedades que os pueden ayudar a brillar como personas y estudiantes!  


PROBAS DE ACCESO INEF A CORUÑA 2015

Xa temos datas da convocatoria 2015 para realizar probas na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de A Coruña.

Na barra esquerda do blog tendes ligazóns para saber máis das probas. Calquera dúbida que teñades vinde a resolvela no Departamento, ok?.