Se queres un campamento en Galicia ou fora de Galicia, de vela, hípica, surf, de comic, de natureza, de laboratorio de ideas, etc apura e solicita praza.
No seguinte enlace tes todo o que precisas saber: oferta, lugares, prezos, tipo de campamento, duración, idade e a sede electrónica para facer a solicitude:
Nos próximos días haberá cambios nos parámetros de ponderación que aparecen publicados na CIUG, entrarei nas aula cando sexan definitivos para non crear confusión. Finais de marzo e seguimos pendentes das reunións das persoas que deciden...
Que tal vos vai un campamento de idiomas no verán? Ben, pois lembrade que o prazo remata mañá 27 de marzo.
Seguide a páxina de facebook de Piensosientosoy, así estaredes puntualmente informados cando saen as convocatorias (ir columna dereita do blog: Piensosentoy nas redes sociais).
Os enlaces permanentes ás convocatorias de idiomas están na columna da esquerda deste blog (ver etiqueta "Idioma").
Recordad que tenéis hasta el 20 de abril para solicitar estas ayudas.
Requisitos:
Haber nacido entre el 01 de enero de 1997 y el 31 de diciembre del 2000.
Haber aprobado el curso anterior y tener un mínimo de 7, 5 en inglés en curso anterior
Ser becario/a del MECD en este curso 16-17
Estar matriculado/a en alguna de las siguientes enseñanzas:Bachillerato, Enseñanzas profesionales de música y danza, Grado medio de Formación Profesional, Grado medio de artes plásticas y diseño, Grado medio de enseñanzas deportivas, Enseñanzas de idiomas de nivel intermedio o avanzado
Sabedes o que anda a argallar o alumnado de 1° e 2º ESO? Van a convertirse en superheroes e por en marcha a súa primeira misión como emprendedores e emprendedoras sociais por unha boa causa. Se queredes saber máis, mirade, mirade!
O alumnado de 1º Bacharelato tamén puxo o seu graniño de area ao proxecto de centro relacionado coa Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Foi un graniño interdisciplinar que realizamos como actividade grupal de titoría e como actividade de educación física. Foi todo un pracer traballar desde o Departamento de Orientación con Dina, a nosa profe de educación física.
O noso obxectivo final consistía en irrumpir nun xoves de mercado do mes de marzo con varias performances nas rúas do Concello. Todas as performances tiveron como tema principal o empoderamento da muller e a necesidade de igualdade real entre homes e mulleres.
A primeira sesión a dedicamos a coñecer algo máis sobre o empoderamento da muller e as performances. Esta sesión a desenvolvimos na aula coa seguinte presentación que tamén incluía exemplos de performances que podían inspirar a creatividade dos grupos.
A continuación, adicamos 2-3 sesións máis a deseñar as performances e ensaialas. O 08 de marzo tamén fixemos unha pequena mostra no centro, foi o noso prestreo ;).Deixámosvos as seguintes imaxes destes momentos:
O Departamento de Orientación convertiuse neste proceso creativo nun almacén de esceneografía, cheo de caixas, tutús, varitas máxicas, disfraces, carteis e pancartas...vamos nun espazo vivo, creativo e adaptado ás necesidades das actividades que desde alí se coordinan.
Como todos os artistas, tivemos que adaptarnos aos imprevistos e tivemos que pospoñer a saída por unha treboada que deu entrada xusto cando iamos saír a mostrar as nosas creacións...pero como sempre escampa e somos pacientes, esperamos a que o tempo estivese do noso lado e por fin, saímos a rúa! Serafín, o nos dire, que nos acompañou xunto con Vero, Fran e David, tamén irrumpiu no mercado e mesmo creou debate entre os/as clientes e os/as praceiros/as. Neste video temos un resumo da representación das performances, botade unha ollada!
1. Ter dezaoito anos ou cumprilos alomenos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non ter o título de graduado en educación secundaria.
3. Non estar matriculado/a no curso 2016/17 na ESO (modalidade ordinaria) nin en FP Básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á 1° convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
A veces, muchas, al profesorado y los padres y madres les apetecería hacer un viaje al futuro y saltarse la adolescencia de hijos/as y alumnado. Incluso a los propios adolescentes les gustaría saltarse esta etapa. Qué pasa en la adolescencia? Por qué cambian su manera de relacionarse con los demás, sus habitos alimenticios, su sueño, su imagen, etc, etc?
Aquí encontraréis respuestas dediferentes especialistas. Ánimo, la adolescencia dura lo que dura :).
Abierto plazo para cheque familiar. Os facilito un enlace donde se explica esta ayuda y otras a las que podéis optar si sóis familia numerosa u os encontráis en alguna de estas situaciones: separación,divorcio, viuvedad, con hijos/as con discapacidad, etc