martes, 4 de junio de 2013

Probas Específicas Ensinanzas de Artes Plásticas






RECORDA QUE PARA ACCEDER AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO TES QUE SUPERAR:
  • A proba de madureza: só se non cumpres cos requisitos de acceso directo (Graduado para CM e Bachiller para CS)
  • A proba específica (consultar exencións na convocatoria)
 
1. Datas de inscrición ás probas de acceso aos Ciclos Medios e Superiores de Artes Plásticas:
  • para os ciclos superiores: ata o20 de xuño
  • para os ciclos medios: ata o 24 de xullo
2. Lugar da inscrición: nas secretarias das Escolas de Arte


3. Desenvolvemento das probas

a) Probas de acceso ao Grao Medio.

1.1. Proba de madureza: 3 de setembro.
• Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
Versará sobre as seguintes materias: lingua galega, lingua castelá, área científico-tecnolóxica
e área sociocultural. O alumnado seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.
• Segunda parte: das 16.30 ás 19.30 horas.
Versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual.

1.2. Proba específica: 6 de setembro.
A proba específica realizarase de acordo co establecido no anexo IV desta resolución e terá lugar en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño, nas horas que se indican a continuación:
Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

b) Probas de acceso ao Grao superior.

As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela, nos días e horas que se indican a continuación:

1.1. Proba de madureza: 26 de xuño.
A proba de madureza realizarase de acordo co establecido no anexo III desta resolución
e nas horas que se indican a continuación:
Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.
Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Historia da Filosofía, Filosofía e Cidadanía, e Ciencias para o Mundo Contemporáneo.
O alumnado seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.
 • Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas.
Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte.

1.2. Proba específica para todas as familias profesionais: día 8 de xullo.
A proba específica realizarase segundo figura no anexo IV desta resolución e nas horas que se indican a continuación:
Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.
Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.
Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

MAIS INFORMACIÓN NO ENLACE: http://www.edu.xunta.es/web/node/9502

No hay comentarios:

Publicar un comentario