lunes, 12 de mayo de 2014

II SEMANA DAS PROFESIÓNS: ESCOLLEMOS O QUE COÑECEMOS

Pois si, non se pode escoller o que non se coñece e por iso é que durante esta semana teremos unha serie de visitas para que o alumnado da ESO se aproxime ás titulacións de formación profesional.

 Ademáis, o alumnado de 4º ESO e Ciclo Medio terá un obradoiro coa orientadora laboral e a Técnico de emprego do Concello para ter "pistas" na procura do primeiro emprego. A continuación, e xunto co alumnado de 1º Bacharelato, coñecerán de primeira man o noso ciclo de Elaboración de viños e outras bebidas e dúas experiencias de emprendedores: a de Eva Soto, exalumna e deseñadora de moda de alta costura nas mellores pasarelas, e a de Sylla, senegalés que nos contará entre moitísimas cousas como é iso de empezar nun novo país e como se pode emprender axudando a outros.