martes, 20 de mayo de 2014

PROBAS DE ACCESO PARA ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES PARA ASPIRANTES SEN BACHARELATO OU EQUIVALENTE. CURSO 2014/2015



Se che interesan as ensinanzas artísticas superiores de Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais  ademáis da proba de acceso específica de carácter artístico hai que ter o título de Bachiller ou realizar unha proba de acceso.

No caso de que non teñas o título de Bachiller e queiras facer a proba de acceso debes saber que hai que ter 19 anos ou cumprilos neste ano. 

A inscrición a podes facer na secretaría dos seguintes centros educativos ata o día 29 de maio:
  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

  TES TODA A INFORMACIÓN EN:   http://www.edu.xunta.es/web/node/12329


No hay comentarios:

Publicar un comentario