O TDA é un tipo do Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) no que predomina a falta de atención.
Xunto co tratamento
farmacolóxico é preciso a intervención psicopedagóxica. Entre as actuacións que debemos levar a cabo na aula, unha das máis importantes é a de realizar adaptacións metodolóxicas. Imos ver que tipo de adaptacións debemos realizar:
Posición na
aula
·
Ubicar en primeira ou
segunda filas, alonxados/as de portas,
fiestras e elementos distractores.
·
Posicionar preto
de alumnado disciplinado e ordenado
·
Cando se traballe en grupo, formar grupos de non máis de 3 alumnos/as
Desenvolvemento
das clases. Actividades, tempos...
· Revisar con frecuencia a
súa axenda para comprobar que anota as tarefas. Facer
orientacións e anotacións na axenda sempre que sexa necesario.
· Por na cortiza da aula un
calendario de exames e tarefas. Pode encargarse esta tarefa ao
delegado/a ou a un alumno/a responsable.
· Preguntar con frecuencia pero non poñelos/as en evidencia cando pensemos que non saben facer a tarefa correctamente. Adoitan ter
problemas de autoestima.
· Revisar as libretas con moita frecuencia e por indicacións que
poida ler a familia.As anotacións deben ser tanto
positivas como de mellora.
· Adaptar as actividades
de maneira que inclúan instrucións sinxelas e curtas ( frases curtas, claras
e con estruturas sintácticas sinxelas). Asegurarnos
que estas instrucións son comprendidas, se non é así facer unha aclaración verbal.
· Resaltar, nas actividades e textos,
as palabras claves con negriña,
maiúsculas ou con cores. Pedirlles tamén a eles/as que se acostumen a facelo.
· Realizar instrucións orais
e apoialas con apoios visuais que faciliten a súa comprensión. En ocasións, lembran
mellor unha imaxe que unha frase.
· Fragmentar as tarefas
longas. Revisar que vai realizando ben cada parte.
· Cando se piden tarefas para o grupo, dar pautas concretas, claras, curtas tamén en grupo
· Propor actividades
que precisen tempos curtos de atención ou cambiar o tipo de actividades
para manter a atención.
· Pedirlles menos
tarefas. As imprescindibles para levar a materia ao día
Exames
· Comezar os exames con aclaracións breves para todo o grupo. Explicamos o que pedimos e a continuación preguntamos se teñen dúbidas.
· Dar máis peso ao
traballo do trimestre que a un exame puntual. Teñen días bos e malos, se
fan o exame nun día malo, o resultado non reflectirá o que saben.
· Se o resultado do exame é
malo, pedirlles verbalmente que aclaren as respostas
· Os exames deben
ser redactados con frases sinxelas e
breves
· As preguntas deben incluír
poucos pasos
· Adaptar os tempos dos exames, deben ser curtos. Non funciona darlles
máis tempo (se perden a atención, non imos a darlles máis tempo para perdela)
· Incluír ou combinar preguntas
tipo test, de unir con frechas, etc coas típicas preguntas que permitan avaliar
resolvendo as dificultades verbais que adoitan ter.
· Teñen problemas de memoria, obviar os datos memorísticos. Facilitarlle probas para que poidamos avaliar procesos. P.EX. Se saben facer
operacións combinadas pero olvidan a tabla, facilitarlla. A idea é que o que
non saben non impida comprobar o que saben.
· Na avaliación das
lecturas, pedirlle resumo por capítulos.As propostas de libros deben ser adaptadas.
· Pedirlles que resuma
os temas ou preguntas e os grave en audio na casa (pedir conformidade á
familia).
Recursos
· Empregar na aula máis
recursos e materiais audiovisuais. Podemos pedirlle un pen para gravar
presentacións ou videos, documentais...que lle poden axudar a estudar.
Especialmente importante cando hai dificultades verbais.
Outros
aspectos
· Manter unha estrutura
predecible na aula. P.ex. comezar cunha pequena introdución, explicar o que imos a facer,
proposta de actividades, recordatorio de tarefas para casa....
.
· Empregar estratexias para
manter a atención como: tocarlle o ombreiro, miralo, dicir o seu nome, dar
toques co boli na súa mesa. Sempre que se poida o faremos sen dicir constantemente o seu
nome nin facer evidente no grupo que as chamadas son para el/ela.
- Estratexias que melloran a organización do alumnado: http://www.fundacioncadah.org/web/articulo/estrategias-que-mejoran-la-organizacion-del-alumnoa-con-tdah-dentro-del-aula.html
- Estratexias na aula: http://www.fundacioncadah.org/web/categoria/tdah-en-el-aula-estrategias-en-aula.html
- Uso axenda:
- http://www.fundacioncadah.org/web/articulo/uso-imprescindible-de-la-agenda-para-los-alumnos-con-tdah.html
- http://www.trastornohiperactividad.com/organizador-infantil
- Como captar a atención: http://www.fundacioncadah.org/web/articulo/-como-captar-la-atencion-de-los-ninos-hiperactivos-en-el-aula.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario