domingo, 21 de enero de 2018

"VIDA. MÁIS CA VIDA": EMOCIÓN IMPRESCINDIBLE




As aulas deben ser lugares para conectar coa VIDA, non comprendo a educación se non é dista forma. E por iso, a semana pasada tocou vivir un día de "conexión total" co noso alumnado de 4°.

Creo que "Vida. Mais ca vida" debería ser obrigatoria na ESO, con ista afirmación podedes facervos unha idea do impacto desta actividade nos rapaces/zas e nesta orientadora.

A sesión comezou coa presentación do proxecto por Rubén, o seu director, do que destacaría a súa capacidade para comunicar e emocionar e, as mensaxes sobre educación e a vida que transmitiu á nosa rapazada. A continuación, vimos o documental ao que definiría como pura EMOCIÓN no que puidemos ver os dous anos e medio de traballo e convivencia cun grupo de persoas con diversidade funcional para chegar ao produto final: a curta. Asomaron bágoas, alguna incluso iniciou unha fuga lenta polas meixelas ... e sentimos as cosquilliñas que desperta a empatía. Emocionados/as continuamos vendo a curta e finalmente, Rubén volveu ao escenario con Oscar, o protagonista principal. Oscar contounos a súa historia personal: a súa nenez e a súa adolescencia en varios centros de menores, o acoso escolar q sufriu, a bulimia que desencadenou todo isto e a posterior obesidade que asomou para poder sentir a fortaleza da súa sua debilidade coa finalidade de espantar a quen lle facía dano. Contounos como a grabación da curta despertoulle moitas emocións e,como esta posibilitou a súa participación en novos proxectos e cumprir os seus sonos.

Espero que tal e como dixo Rubén esta experiencia cale no noso alumnado e na forma de ver ás persoas e á vida, ogallá!


Remato destacando a boa conduta dos nosos rapaces e rapazas, os momentos divertidos e a dedicación do titor que tan cálida e agradable fixo a actividade. Tamén a Pilar por darme a coñecer esta actividade tan imprescindible. Graciñas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario