martes, 20 de febrero de 2018

CAMPUS CIENTÍFICOS 2018

    QUE SON?

Son estancias dunha semana no mes de XULLO nun Campus universitario do territorio nacional para desenvolver un proxecto científico-tecnolóxico.

  • 1ª quenda: 1º de Bacharelato. Do 1 ao 7 de xullo.
  • 2ª quenda: 1º de Bacharelato. Do 8 ao 14 de xullo.
  • 3ª quenda:  4º ESO. Do 15 ao 21 de xullo.
  • 4ª quenda: 4º de ESO. Do 22 ao 28 de xullo 
Terás a oportunidade de coñecer xente e lugares novos ,e desenvolver as vocacións e o interese pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, anímate!!

Algúns proxectos:
-Levitación Si, é posible!
-A resolución científica dos delitos. A importancia das Ciencias Forenses
-Buscando partículas no maior acelerador da historia
-Deseña e programa obxetos intelixentes
-Deseña o teu propio fármaco, atréveste?
-A maxia dos hidroxeles intelixente.

 Consulta todos os proxectos e universidades en:  https://www.campuscientificos.es/proyectos

  • PARA QUEN?
Para alumnado que CURSE:
  • 4º Académico e as materias de Bioloxía -Xeoloxía e, Física-Q uímica e,
  • 4º Aplicado e as materias de “ciencias aplicadas á actividade profesional” e “tecnoloxía”,
  • 1º Bacharelato de Ciencias
Que cumpra os seguintes REQUISITOS:
  • nota media igual ou superior a 8,5 puntos no curso 2016-2017
  • non ter participado nunha edición anterior
PRAZO

Do 16 de febreiro ás 15:00 horas do 09 de marzo.


SOLICITUDE

Podes solicitar praza online no seguinte enderezo:


BASES


No hay comentarios:

Publicar un comentario