lunes, 19 de febrero de 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR 2018



Lembra que este venres 23 de febreiro remata a inscrición para as probas de acceso a ciclos de Grao Superior. Na columna da esquerda do blog tes o enlace permanente á páxina oficial donde atoparás toda a información da proba, da inscrición, do calendario de datas a ter en conta, dos exames e materias para prepararte. Enlace directo:
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior

Debes ter presente que so poderás presentarte a esta proba se tes 19 anos ou os cumpres no 2018 e non reunes os requisitos de acceso directo aos ciclos superiores.

A proba realizarase o día 19 de abril e terá dúas partes:
-común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
-específica: terás que escoller unha opción (A, B,C) e presentarte a dúas materias da opción escollida

  • Opción A: Economía de empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés), Filosofía
  • Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, Física 
  • Opción C: Ciencias da Terra e Medioambientais, Química, Bioloxía

Cada opción está vinculada a uns ciclos concretos polo que debes consultar que opción é a que se corresponde co Ciclo Superior que desexas cursar en: 

As probas son tipo test. É aconsellable que contestes as preguntas que sabes e non te arrisques respondendo ao chou xa que restarás puntuación polos erros. A puntuación que obteñas vai ser moi importante cando solicites praza polo que ademáis de aprobar a proba, debes intentar obter boa calificación.

Podes consultar os exames de anos anteriores para valorar o nivel das probas e as túas posibilidades para aprobar. No caso de que non teñas tempo para preparar a proba completa considera preparar ben unha das partes xa que che gardarán o resultado.

Neste enlace tes un resumo moi completo da convocatoria deste ano:
http://www.coruna.gal/cmix/gl/convocatorias/actividades/detalle-actividades/proba-de-acceso-aos-ciclos-formativos-de-grao-superior-de-formacion-profesional/suceso/1453643330261

Por último, déixoche os enlaces para realizar a inscrición nas probas:
En calquera das formas de realizar a inscrición debes ter en conta que hai que entregar a folla de inscrición nun centro que imparta FP

Lembra gardar a folla xa que o día de exame terás que presentala xunto co DNI. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario