miércoles, 9 de noviembre de 2022

CÍRCULOS DE DIÁLOGO



Falar, dialogar, compartir, emocionarnos xuntos, probamos?  

Separamos as mesas e nos sentamos en círculo, mirándonos, en disposición de falar e de escoitar...

Poucas normas para facelo, a titora ou orientadora inicia unha pregunta, e pasa  un"corazón" á compañeira ou compañeiro do lado, no sentido das horas do reloxio. Mentras un/ha compañeiro/a fala, os/as demáis escoitan con respecto. Se non queres responder, podes pasar o corazón a outro compañeiro/a, iso si, pode haber algunha pregunta na que podemos determinar que é importante que todo o mundo fale, polo que nese caso podemos darche máis tempo para responder.

Comezamos?

Cóntanos:

  • un día feliz da túa vida...
  • un día feliz no centro
  • por que razón non cambiaríades de centro?
  • dinos unha cousa que funciona ben neste grupo?
  • unha cousa que che gustaría que mellorase no grupo?
  • Como se podería facer?  

No hay comentarios:

Publicar un comentario