martes, 10 de septiembre de 2024

CÍRCULO DE DIÁLOGO: VERÁN 24


Círculos de Verán


Os círculos de diálogo permítennos coñecernos, pasar un bo rato, escoitar, parolar e sentir. 

Para que sexa así: 
  •  o profesorado titor realiza as preguntas e vos lanza o obxecto para poder dialogar. 
  • respectaremos que alguén non queira participar nalgunha pregunta, non se obrigará a ninguén a falar, pero ten en conta que ti contas moito neste grupo e que non queremos perdernos nadiña de ti. 
  • fala so quen ten o obxecto; mentras unha persoa fala, os demáis escoitamos con moita atención e respecto. 
  • respectamos todas as opinións e o manifestamos coas nosas expresións verbais e non verbais. 
  • nas preguntas secuenciais, se alguén precisa máis tempo, o deixamos para o final da rolda, así pode pensar. 

Preguntiñas para comezar:

De todos os sons deste verán, cal foi o teu preferido?
Que pasou no teu mellor día das vacacións deste verán? 
A túa comida preferida en verán é? 
Alguén decide que podes vivir o día da marmota, que día do verán che gustaría repetir unha e outra vez? 
Que cousa che gusta moito do verán que non fas en inverno? 
Din que as bicicletas son para o verán, que opinas?
Con quen te reencontraches nestas vacacións que che fixo moita ilusión? 
A túa prenda favorita do verán 
Como é a praia que máis che gusta? 
Imaxina que tes dous aniños, que frotador che gustaría ter
Unha persoa especial que coñeciches este verán 
Un libro ou canción que che acompañara á praia ou á piscina 
Se puideras elexir que sempre fose verán, o elixirías, por que?
Este verán será inolvidable por 
O teu sabor preferido de xeado é 
Que verán da túa vida che gustaría volver a vivir? 
Cando chove e é xullo, o plan é? 
A túa festa preferida é 
A mellor experiencia que viviches en campamento ou en camping foi 
Este verán descubriches 
Din que se aprende máis na vida que na escola. Que aprendiches nestes meses? 
O teu olor de verán preferido é 
O verán ten algún inconveniente? 
Que lle dirías a alguén para que coñecese a túa vila en verán?
Imaxina que eres una animaliño que vives no mar, cal serías?

No hay comentarios:

Publicar un comentario