lunes, 30 de septiembre de 2024

DESEÑA A TÚA PASARELA


              


 Este ano imos a  proporvos un reto: deseñar moda inclusiva. Cantas veces ocorre que nas pasarelas atopamos moda para uns corpos concretos que non representan a todas as persoas? 

Gustarianos que contribuirades a un mundo máis xusto facendo prendas que pode vestir todo o mundo  teña a talla, as características físicas, o xénero, etc que sexa.

E como non hai cousa mellor que traballar en grupo, vos propoñemos formar equipos de deseño de cinco persoas.

Antes de realizar a prenda, teredes que facer un boceto en papel e xustificar por que ese deseño é inclusivo.Unha pregunta clave que debedes facervos é: a quen discrimina esta prenda? pode vestila a maioría das persoas?.

O material que podedes empregar é o seguinte:  

  • papel 
  • cinta adhesiva 
  • grampas 
  • tesoiras
  • pinturas
  • calquera outro elemento que se vos ocorra 

Rematamos cunha pasarela??


 


    


No hay comentarios:

Publicar un comentario