domingo, 7 de septiembre de 2025

ESTRELAS NO FIRMAMENTO

 


Esta dinámica a empregaremos para darnos a coñecer aos profes novos ou para que os profes novos poidan ser coñecidos. 

Imos pensar que a a nosa aula é unha constelación chea de estreliñas. E cada unha brilla dunha maneira especial. A persoa a coñecer debe saír ao encerado e debuxar unha estreliña no encerado. En cada punta debe escribir unha palabra que teña que ver con el/ela. P.ex se o/a  profe é quen se presenta e pon: 40, hip hop, cómic, Ferrol e vainilla, temos que adiviñar que  ten que ver esas palabra con ela ou con el. E logo de botar unhas risas o profe pode contarnos que quizáis teña 40 anos ou percorridos 40 centros, que é de Ferrol ou que lle gusta a ría de Ferrol, que odia ou lle encanta a vainilla, que tivo un premio de hip hop ou que é o único que non escoita, e que debuxa ou le cómis de Esther e as súas amigas. 

A continuación, vos toca a vós, ide preparando as palabras da vosa estreliña. 

Se preferides, podedes facer as estrelas en papel, e logo de facer a actividade, podedes colocar a vosa constelación nunha parede da aula.








 Uunha festa de Fo seu úl         

PILAS DE COÑECEMENTO



Na vida sempre hai un lado positivo e un lado negativo, igual ca nas pilas.

Esta actividade propoñémosvola aos grupos que xa vos coñecedes. 

Imos pedirvos que peguedes un folio nas costas dun compañeiro ou compañeira. Todo o alumnado terá un folio e todo o alumnado deberá escribir nos folios dos demáis compañeiros. 

No folio faremos dúas columnas: unha co polo positivo no que incluiremos cualidades positivas, e outra cun polo negativo con cualidades a mellorar. Lembrade que nesta segunda columna son cualidades a mellorar, non cualidades a xulgar.