viernes, 1 de marzo de 2013

Un poema en vez dunha multa.





Hoxe é venres, remata a semana e ademais vai bo día. Se a mañá ía ben, esta foi a mellor cando Bran Barral entrou no insti para facernos unha proposta.

Seguro que moit@s coñecedes a Bran Barral mellor ca min pero, para @s que sodes nov@s no centro e non o coñecedes vos contarei que Bran é un exalumno do centro ao que lle gusta moito a poesía. Gústalle tanto que non só le poemas senón que os escribe. Ademais forma parte dun grupo literario, Grupo Brétema, que tivo a excelente idea de propor a iniciativa "Un poema en vez dunha multa".

Pois ben, Bran nos propón que hoxe, 1 de marzo, o alumnado de Bacharelato participe nesta iniciativa e coloque nos coches un poema en vez dunha multa. Así que, como neste centro somos colaboradores e participamos das boas ideas, deixámosvos á vosa disposición copias dos poemas "Poemas nas lúas, 1 de Marzo".

Dá gusto, rematar a semana así de ben!!! Parabens aos chic@s con iniciativa!


NOTA: Se tes unha idea orixinal ponte en contacto co departamento de orientación, tentaremos pola en marcha. 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario