miércoles, 22 de mayo de 2013

Axudas FCT








Se estás cursando un ciclo e realizas a FCT entre setembro e decembro de 2013, xa tes aberto o prazo para solicitar a axuda para facer as prácticas en empresa.

Tes 2 modalidades de axuda:
 1. Modalidade A. Para realizar a FCT dentro do territorio español.
 2. Modalidade B. Para realizar a FCT en países da Unión Europea.

Documentación:
 – Solicitude (anexo I da orde da convocatoria).
 – Certificado do domicilio de residencia durante o período de realización da FCT (anexo II).
 – No caso de non dar o consentimento para a comprobación telemática do DNI ante o Ministerio da Presidencia, segundo establece o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, fotocopia do DNI.
 – Certificación do centro educativo (anexo III).

Prazos de solicitude:
  • 1ºprazo : 31 días naturais contados a partir do 21 de maio para o alumnado que realizase a FCT nos períodos,outubro 2012-marzo 2013, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2013. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2013. O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2013 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.
  • 2º prazo: entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2013, para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2013. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2013. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2013 acollerase a seguinte convocatoria de axudas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario