viernes, 20 de junio de 2014

2º MERCADO SOLIDARIO





Que mellor maneira hai para despedir o curso que colaborar nunha causa solidaria?


Entre o 1º e 2º recreo escoitaremos música, degustaremos doces e salados, beberemos lemonada, presumiremos con complementos, mercaremos produtos da horta e de segunda mano, subastaremos as obras dos nosos artistas de "Artefacto Salnés" (recordade que hai que inscribirse e que a subasta empezará ás 12:00 diante da biblioteca) e  moitas cousas máis para recaudar fondos para a Asociación contra el Cáncer, ONG que este ano foi elexida polo alumnado para destinar os fondos recaudados.

Que ben nos sentimos cando colaboramos, verdade? Por este motivo, imos a deixar unha pegada da nosa solidaridade no Pasaporte Solidario que hai uns dias vos entregaron os vosos titores/as. Mañá poderedes cuñalo na mesa que indique "Pasaporte Solidario" , debedes traer cubertos os vosos datos persoais e a vosa participación no mercado ou en calquera actividade sollidaria que fagades na vosa vida cotiá.

Por último, quérovos desexar un feliz fin de curso  e comunicarvos que nuns dias colgarei  o resgardo do ingreso bancario e algunha foto do mercado no blog, atentos!  

1 comentario:

  1. Neste 2º mercado solidario case duplicamos o recaudado. Conseguimos 735,99 euros que donamos á "Asociación española contra el cáncer". A asociación agradeceu a todo o centro a súa solidaridade con esta causa.
    O próximo curso máis e mellor, verdade?

    ResponderEliminar