Hoxe día 17 de xuño e ata o día 04 de xullo comeza o prazo de admisión en Ciclos Formativos de FP.
Tendes a oferta actualizada, as instrucións e o calendario no seguinte enlace (recordade que tamén o tendes de forma permanente na barra da esquerda, etiqueta "Formación Profesional"):
Puntos a ter en conta:
- Tende moito coidado ao cubrir os códigos, se vos equivocades non estades a solicitar o ciclo. Empregade o enlace actualizado cos códigos, non empregedes os dos folletos, HAI CAMBIOS (P.ex: este ano non haberá oferta do Ciclo de Operacións Subacuáticas da Illa de Arousa).
- Hai oferta ordinaria, oferta presencial para persoas adultas e oferta a distancia para persoas adultas. Cada unha ten o seu propio modelo de solicitude
- Na oferta encontraredes diferentes centros: IES,CIFP, CFEA,EFAG e CPR. Os CPR son centros privados concertados, preguntade primeiro en cada centro se supón algún custe.
- Sempre debedes levar o DNI e o certificado académico. Podedes precisar máis documentación segundo os casos.
- O alumnado de FP pode solicitar beca igual que noutras etapas, ver o apartado Becari@s.
- Se queredes ter máis posibilidades en centros de Vigo, Ourense e Culleredo-A Coruña e precisades unha residencia podedes solicitar praza nos Centros Residenciais Docentes destas localidades (ver enlace barra esquerda).Son para alumnado de Bacharelato e Formación Profesional.
- Consultade os prazos de matrícula, hai varias adxudicacións, se non vos dan na primeira poden darvos praza nas seguintes adxudicacións. Ollo se vos ides de vacacións, se perdedes o prazo para matricularvos perdedes definitivamente a praza.
- Podedes facer a inscrición vía web ou en papel. Consultade condicións da opcion web xa que nalgún caso hai que entregar igualmente o resgardo na oficina de administración do centro. No caso de entregar a solicitude no centro, tendes que facelo na oficina de administración do centro escollido en primeira opción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario