viernes, 21 de julio de 2017

XOGAMOS AO "QUEN É QUEN"?. PROA:CONVIVENCIA E IGUALDADE. 3º ESO

Este curso nas titorías de 3º ESO fixemos un xogo, "Quen é Quen", que tivo como finalidade a visibilización das mulleres.

O obxectivo que nos moveu foi achegar a todo o alumnado do centro e dunha maneira divertida, as aportacións realizadas polas mulleres ao longo da historia ata o momento actual. Para elo, o primeiro que fixemos foi seleccionar 30 mulleres destacadas en diferentes disciplinas. Unha vez seleccionadas, escollimos as súas imaxes e realizamos unhas minibiografías con datos destacados. Coa axuda do alumnado de 1º ESO que realizou os marcos das imaxes na materia de Educación Plástica e Audiovisual, pegamos as imaxes de cada unha das mulleres e as minibiografía no revés do marco, e  por fin rematamos o primeiro paso, ter as fichas do xogo.

Tamén fixemos dossieres para repartir nas titorías doutros grupos nos que incluímos as instrucións do xogo e as minibiografías e imaxes das mulleres a visibilizar. Para poder acertar e participar no xogo, era importante que o alumnado coñecese ás mulleres seleccionadas.


Cando tivemos todo preparado, e despois de varios ensaios...












...convocamos ao alumnado do centro nas escaleiras máis concurridas: as da zona da cafetaría. Alí tamén ubicamos un taboleiro móbil coas mulleres seleccionadas para axudar a  acertar aos máis despistados/as. Aquí vos deixamos as imaxes de como foi o xogo:


video