Despois da fase creativa, o alumnado montou postos no corredor do centro para facer entrega na semana da muller dun imán e dunha chapa a todo o alumnado e profesorado. Ahh, durante o curso tamén agasallamos coas nosas creacións ao persoal do Concello, e ao alumnado de 6º Primaria que o próximo curso será parte do noso centro e, ás persoas integrantes da Mesa de Violencia de xénero do Concello. Agora é fácil ver as nosas chapas nas mochilas, nos maletíns dos profes, nos despachos ou nos xerseis.
Aquí podes ver algunhas imaxes da entrega das chapas e os imáns:
Se ves os nosos deseños por Mugardos ou polo mundo enteiro xa sabes quenes foron os e as responsables ;).
No hay comentarios:
Publicar un comentario