martes, 19 de septiembre de 2017
POSTER CREATOR
Las paredes están para decorarlas. Os imagináis hacer vuestros propios posters con las normas de vuestra clase.
En este enlace encontraréis posibilidades para hacer posters tipo "Keep Calm". Hacemos fluir la imaginación?
http://www.keepcalmandposters.com/
lunes, 18 de septiembre de 2017
O BO CAMIÑO
Estamos rematando este verán, dá un pouco de pena, verdade? Ben, vas a alargar esa boa sensación evocando unha imaxe do teu verán. Pecha un momento os teus ollos e visualiza unha imaxe que represente un bo día deste verán, sinte as emocións que asocias a ese momento: relaxación, alegría, diversión.
Imaxinas ter un verán así o próximo ano, libre de preocupacións, de libros, cheo de diversións, de ocio, de emocións positivas. Volve a pechar os ollos, evoca tres imaxes do teu próximo verán ideal: unha de mañá, outra de tarde e outra de noite. Imaxina non ter que madrugar para poñerte diante dos libros, que alivio verdade.
Estas imaxes deberás visualizalas de cando en vez, teñen un gran poder motivacional e van a influír moito no teu comportamento á hora de enfrontar o teu curso. Mira este vídeo, explícanche de maneira moi fácil a importancia de predispor ao teu cerebro de forma positiva:
Agora que tes a disposición para conseguir a meta de aprobar imos a recordarche os criterios de promoción/titulación.
Titulación ESO
Promoción ESO
FP Básica
Imaxinas ter un verán así o próximo ano, libre de preocupacións, de libros, cheo de diversións, de ocio, de emocións positivas. Volve a pechar os ollos, evoca tres imaxes do teu próximo verán ideal: unha de mañá, outra de tarde e outra de noite. Imaxina non ter que madrugar para poñerte diante dos libros, que alivio verdade.
Estas imaxes deberás visualizalas de cando en vez, teñen un gran poder motivacional e van a influír moito no teu comportamento á hora de enfrontar o teu curso. Mira este vídeo, explícanche de maneira moi fácil a importancia de predispor ao teu cerebro de forma positiva:
(Empezar en minuto 1.42)
Agora que tes a disposición para conseguir a meta de aprobar imos a recordarche os criterios de promoción/titulación.
Titulación ESO
Etiquetas:
De Cine,
Motivación,
Titorías 1º ESO,
Titorías 2º ESO,
Titorías 3º ESO,
Titorías 4º ESO,
Titorías Bacharelato,
Titorías FP Básica,
Tutorías 17-18
viernes, 1 de septiembre de 2017
RE-CUENTO. CONTRATO PROGRAMA 1º ESO: CONVIVENCIA E IGUALDADE
¿Como recontar cuentos con una mirada más justa y libre de estereotipos sexistas?
Te invito a hacer cambios en los cuentos sexistas con ayuda de este material.
Te invito a hacer cambios en los cuentos sexistas con ayuda de este material.
Etiquetas:
Contrato Programa 16-17,
Curso 16-17,
Igualdad,
Nós Feminino Plural,
Titorías 1º ESO,
Tutorías 16-17
DÁME A CHAPA. 2º ESO.CONTRATO PROGRAMA: CONVIVENCIA E IGUALDADE
"Dáme a chapa" foi a actividade deseñada para o alumnado de 2º ESO na que mediante imaxes e logos creamos varios deseños para chapas e imáns coa finalidade de difundir no noso Concello mensaxes de igualdade e de empoderamento da muller.
Despois da fase creativa, o alumnado montou postos no corredor do centro para facer entrega na semana da muller dun imán e dunha chapa a todo o alumnado e profesorado. Ahh, durante o curso tamén agasallamos coas nosas creacións ao persoal do Concello, e ao alumnado de 6º Primaria que o próximo curso será parte do noso centro e, ás persoas integrantes da Mesa de Violencia de xénero do Concello. Agora é fácil ver as nosas chapas nas mochilas, nos maletíns dos profes, nos despachos ou nos xerseis.
Aquí podes ver algunhas imaxes da entrega das chapas e os imáns:
Despois da fase creativa, o alumnado montou postos no corredor do centro para facer entrega na semana da muller dun imán e dunha chapa a todo o alumnado e profesorado. Ahh, durante o curso tamén agasallamos coas nosas creacións ao persoal do Concello, e ao alumnado de 6º Primaria que o próximo curso será parte do noso centro e, ás persoas integrantes da Mesa de Violencia de xénero do Concello. Agora é fácil ver as nosas chapas nas mochilas, nos maletíns dos profes, nos despachos ou nos xerseis.
Aquí podes ver algunhas imaxes da entrega das chapas e os imáns:
Se ves os nosos deseños por Mugardos ou polo mundo enteiro xa sabes quenes foron os e as responsables ;).
Etiquetas:
Curso 16-17,
Igualdad,
PROA Convivencia e Igualdade,
Tutorías 16-17
viernes, 21 de julio de 2017
XOGAMOS AO "QUEN É QUEN"?. PROA:CONVIVENCIA E IGUALDADE. 3º ESO
Este curso nas titorías de 3º ESO fixemos un xogo, "Quen é Quen", que tivo como finalidade a visibilización das mulleres.
O obxectivo que nos moveu foi achegar a todo o alumnado do centro e dunha maneira divertida, as aportacións realizadas polas mulleres ao longo da historia ata o momento actual. Para elo, o primeiro que fixemos foi seleccionar 30 mulleres destacadas en diferentes disciplinas. Unha vez seleccionadas, escollimos as súas imaxes e realizamos unhas minibiografías con datos destacados. Coa axuda do alumnado de 1º ESO que realizou os marcos das imaxes na materia de Educación Plástica e Audiovisual, pegamos as imaxes de cada unha das mulleres e as minibiografía no revés do marco, e por fin rematamos o primeiro paso, ter as fichas do xogo.
Tamén fixemos dossieres para repartir nas titorías doutros grupos nos que incluímos as instrucións do xogo e as minibiografías e imaxes das mulleres a visibilizar. Para poder acertar e participar no xogo, era importante que o alumnado coñecese ás mulleres seleccionadas.
...convocamos ao alumnado do centro nas escaleiras máis concurridas: as da zona da cafetaría. Alí tamén ubicamos un taboleiro móbil coas mulleres seleccionadas para axudar a acertar aos máis despistados/as. Aquí vos deixamos as imaxes de como foi o xogo:
Etiquetas:
Convivencia,
Curso 16-17,
Igualdad,
PROA Convivencia e Igualdade,
Programas,
Titorías 1º ESO,
Titorías 2º ESO,
Titorías 3º ESO,
Titorías 4º ESO,
Tutorías 16-17
miércoles, 7 de junio de 2017
CADERNIÑO 6º PRIMARIA
Se precisades botar unha ollada ao caderniño que facilitamos á rapazada de 6º Primaria aquí o tendes.
martes, 30 de mayo de 2017
BENVIDA ARES E LOYOLA!
Hoxe damos a BENVIDA AO ALUMNADO DE 4º ESO E AO PROFESORADO DE ARES E LOYOLA que veñen a coñecelo noso centro.
Etiquetas:
Acogida,
Curso 16-17,
Presentacións Orientación Profesional 16-17,
Titorías 4º ESO,
Tutorías 16-17
martes, 23 de mayo de 2017
OPERACIÓN "FUTURO" 3º ESO
Se queres revisar o presentado hoxe na xornada de información e orientación coas familias ou o que xa fun explicando na aula, aquí está a presentación Operación "Futuro".
Lembra que tes a información máis completiña no Caderniño que podes encontrar no blog no apartado "Presentacións e Caderniños" da columna da dereita. E para todas as dúbidas aquí estou, pásate por el Orichiringuito ;)
Etiquetas:
Caderniños Orientación Profesional 16-17,
Caderniños Orientación Profesional16-17,
Titorías 3º ESO,
Toma de decisiones,
Tutorías 16-17
domingo, 21 de mayo de 2017
OrientaMugardos 17: Caderniño Orientación Académico Profesional. 3º ESO
Unha meta é un faro. Quen ten unha meta non é alcanzado pola noite da indecisión (Andrew Corrent).
Déixoche o caderniño en versión online que hoxe presentei nas aulas. Espero que che axude e que veñas a resolver todas as dúbidas, espéroche!
jueves, 18 de mayo de 2017
CADERNIÑO INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL 4º ESO
Non chega antes quen vai máis rápido, senón quen sabe a donde vai.
Para axudarvos a saber a donde ides e como escoller o mellor itinerario, tendes a vosa disposición este caderniño. Para as dúbidas, as inquedanzas, os apoios na toma de decisión espérovos no sitio de sempre ;)
Etiquetas:
Caderniños Orientación Profesional16-17,
Titorías 4º ESO,
Toma de decisiones,
Tutorías 16-17
martes, 16 de mayo de 2017
OPERACIÓN "FUTURO" DE 4º A 1º BACH...e máis alá!
Déixovos a presentación de hoxe para as familias do alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato.
Lembrade que a información está ampliada nos caderniños de Información e Orientación Académico Profesional que tamén están colgados no blog.
Se tendes dúbidas, estou á vosa disposición.
Etiquetas:
Caderniños Orientación Profesional 16-17,
Presentacións Orientación Profesional 16-17,
Titorías 4º ESO,
Titorías Bacharelato,
Toma de decisiones,
Tutorías 16-17
lunes, 15 de mayo de 2017
OrientaMugardos 17: Caderniño Orientación Profesional. 1º Bacharelato
Aquí tes o caderniño versión dixital que presentarei e entregarei en papel nas aulas. Acércate ao Departamento para resolver as dúbidas que che xurdan ok ;)?
jueves, 11 de mayo de 2017
QUERO ESTUDAR UN GRAO FORA DE GALICIA
Comparto con vós estes enlaces para resolver as dúbidas do alumnado que está pensando en emprender o vo un pouquichiño máis lonxe. Se queredes coñecer o acceso e procedemento de solicitude de prazas noutras universidades españolas, os enlaces de "Educaweb" e "La web del estudiante" seránvos de utilidade. En este último enlace explican moi ben que é o Distrito único (distrito no que se enmarcan todas as universidades dunha Comunidade Autónoma) e como facer a solicitude por Distritos.
Etiquetas:
Admisión Universidad,
Titorías Bacharelato,
Tutorías 16-17,
Universidad
martes, 25 de abril de 2017
ACCIÓN DE VERÁN: CAMPAMENTOS
Se queres un campamento en Galicia ou fora de Galicia, de vela, hípica, surf, de comic, de natureza, de laboratorio de ideas, etc apura e solicita praza.
No seguinte enlace tes todo o que precisas saber: oferta, lugares, prezos, tipo de campamento, duración, idade e a sede electrónica para facer a solicitude:
Etiquetas:
Planazos,
Titorías 1º ESO,
Titorías 2º ESO,
Titorías 3º ESO,
Titorías 4º ESO,
Titorías Bacharelato,
Tutorías 16-17
lunes, 17 de abril de 2017
SEMANA DAS PROFESIÓNS 2017: PROGRAMA
Consultade que charla, obradoiro, visita vos toca!
Etiquetas:
Semana das Profesións,
Titorías 1º ESO,
Titorías 2º ESO,
Titorías 3º ESO,
Titorías 4º ESO,
Titorías Bacharelato,
Toma de decisiones,
Tutorías 16-17
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






