Aberto o prazo para o procedemento de Acreditación de Competencias ata o 6 de febreiro.
Se tes experiencia laboral ou formación, podes acreditar no sistema educativo os teus coñecementos. Esta acreditación tamén acurtará o camiño para conseguir un título de formación profesional.
Este ano a convocatoria realízase para as familias profesionais de (consulta a oferta concreta):
- Admnistración e xestión
- Agraria
- Artes Gráficas
- Edificación e Obra Civil
- Electricidade e electrónica
- Fabricación Mecánica
- Hostalería
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
- Informática e comunicacións
- Instalación e Mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Química
- Sanidade
- Servizos Socioculturais e á comunidade
- Transporte e mantemento de vehículos
Se precisas máis información solicita unha entrevista coa orientadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario